Entidades de dereitos humanos piden eliminar o confinamento solitario en prisión e investigar as últimas tres mortes de persoas recluídas neste réxime en cárceres de Catalunya. Reprochan a “opacidade” do réxime fechado e afirman que ultrapasa os 15 días consecutivos que fixa a ONU.

 

Celda de aislamiento en el departamento de régimen de aislamiento de Brians 1 (Martorell)

 

Adverten que os suicidios nas cadeas catalás aumentaron un 20% durante o 2020 e denuncian a opacidade dos Departamentos Especiais de Réxime Fechado, en que os internos están encerrados 21 horas por día na cela. “Espazos que poden levar as persoas internas a situacións límite, que lles producen danos na saúde física e psicolóxica e que aumentan os desfechos tráxicos, como os acontecidos nas últimas semanas”, argumetan.

Tamén lembran que este tipo de réximes de isolamento prolongado xeraron “a preocupación” de organismos internacionais como o Comité contra a Tortura das Nacións Unidas, que considera que a súa aplicación excesiva pode ser considerada tortura.

 

Unha decena de entidades asinantes

Asinan o comunicado a Associació Catalana per a la Defensa dels Drets Humans, a Associació de Familiars de Presos a Catalunya, a Comissió de Defensa dels Drets de la Persona i del Lliure Exercici de l’Advocacia, a cooperativa de asesoramento xurídico Iacta, o Institut de Drets Humans de Catalunya (IDH), o Centre per la Defensa dels Drets Humans – Irídia, Justícia i Pau, o Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universitat de Barcelona (UB) e a Organización Mundial Contra la Tortura (OMCT).

El Nacional