O vindeiro 2 de febreiro, ás 10:00 horas, os catro axentes da Policía Nacional denunciados por aplicar técnicas abusivas durante unha detención a unha cidadá declararán como investigados ante o Xulgado de Instrución compostelá.

La Policía Nacional de A Coruña da la bienvenida a 16 agentes en prácticas

O pasado mes de xuño Esculca denunciaba que axentes da policía española aplicaban violencia extrema na detención dunha muller en Compostela logo de recusárense a identificarse (https://esculca.gal/axentes-da-policia-espanola-usan-a-tecnica-mata-leon-na-detencion-dunha-muller-en-compostela/). Segundo as declaración da detida a detención sucedía a un alto arbitrario co correspondente rexistro do vehículo sen xustificación.

Os axentes redactaron un Atestado que ampararía o alto do vehículo no que a denunciante viaxaba e motivaría tamén o rexistro, atribuíndolle un delito de Atentado á detida. Malia isto, a vítima reaccionou contra o comportamento dos axentes presentando en sede xudicial probas audiovosuais coas denuncia a ausencia de xustificación do alto e do rexistro do vehículo, e probas testemuñais de que a detención se deriva da esixencia reiterada de que un dos axentes se identifique, o que discreparía do contido do atestado.

O Xulgado de Instrución compostelá acordou incoar dilixencias polo delito de atentado e lesións contra a detida, mais tamén, acordou iniciar unha causa criminal contra os axentes da Policía Nacional involucrados na detención para investigar o modo de proceder co ánimo de esclarecer a posíbel concorrencia do delito de lesións, requirindo ao servizo médico-forense para determinar se as lesións constatadas na vítima polo PAC de Compostela teñen constatación obxectiva.

O Informe Médico-Forense que xa foi emitido recolle o relato da denunciante sobre a violencia aplicada na detención segundo o que, “la peritada refiere que las lesiones se produjeron durante su detención, le agarraron violentamente los brazos para ponerle las esposas, la tiraron al suelo con la rodilla sobre la espalda lesionándola en la cara, la agarraron por el pelo, y la arrastraron por el suelo produciéndose las lesiones en tronco y rodilla”.

Con base no anterior, o Instituto de Medicina Legal, como Institución de peritaxe oficial, no seu Informe rubricado 7 de setembro de 2022, conclúe que “las lesiones analizadas son coherentes con el mecanismo de producción referido por la peritada”. Esta conclusión oficial confirma a compatibilidade entre as lesións sufridas pola denunciante e o vínculo non só coa súa detención, senón coa forma no que a denunciante din que foron producidas, o que constitúe unha proba obxectiva da violencia extrema que se denunciou publicamente.