Na próxima sexta-feira 17 de febreiro, ás 12:00 horas, será presentada nos Xulgados de Instrución de Ferrol (Rúa Coruña 53), a querela criminal que interporá Manuel Reboiras Noia contra 26 membros das forzas e corpos de seguranza do Estado franquista (Policía armada e membros da Brigada Político Social) que participaron, os días 11 e 12 de agosto de 1975, no operativo policial en que morreu o seu irmán Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras.

 

Moncho Reboiras: semente de vencer. Exemplo e dignidade

 

Na querela impútase aos querelados un delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade.

Esta querela súmase ás máis de 80 presentadas no conxunto do Estado español por persoas que, no exercicio do seu dereito á verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición, demandan que sexan investigados e xulgados os crimes contra a humanidade cometidos pola ditadura franquista.

A Coordenadora de CEAQUIA na Galiza convida a acompañar o acto público que terá lugar ante a sede dos Xulgados de Ferrol, ao que asistirá o querelante, Manuel Reboiras Noia, a equipa xurídica e CEAQUA Galiza.

 

Contacto:
Celso X. López Pazos Tfono: 676 97 35 24
Correo: coordinadoraestatalaqua@gmail.com