A Comisión Europea situouse oficialmente en contra do uso de datos de arquivos policiais para a tomada de decisións de carácter administrativo. Así o recolle a resposta a unha pregunta parlamentar sobre o despedimento de Patxi Zamora, coñecido activista navarro ao que lle foi retirado o cartón de empregado das liñas aéreas en base a informacións que a Garda Civil tiña sobre o seu compromiso social. O seu non foi o único caso no Estado español en que foron utilizados arquivos policiais, vulnerados dereitos e infrinxidas as normas europeas sobre protección de datos de carácter persoal.

 

Comissão Europeia rejeita plano orçamentário da Itália ...

 

Outra mostra máis do abuso policial chegou onte tamén ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Os mozos de Altsasu condenados por unha disputa nocturna cuns gardas civís presentaron recursos ante o TEDH por non teren sido xulgados por un xuíz imparcial nin teren tito un xulgamento xusto. Neste caso tamén foron as manobras da Garda Civil e as súas acólitos nos tribunais as que propiciaron que o proceso terminase cunha dura condena. Agora corresponde ao Tribunal aceptar ou non a trámite esas demandas.

No entanto, alén do percorrido xudicial que poidan ter ambos os casos, a súa presenza simultánea en instancias europeas reflicte o pouco respecto aos dereitos das persoas que ten a Policía española nas súas actuacións. Utilizar arquivos policiais discrecionalmente, condecorar xuíces, condicionar investigacións… todo parece lícito á Garda Civil cando se trata de castigar a disidencia. Esa falta de respecto da Policía pola lei, polos dereitos e polas garantías nos procedementos, é unha característica propia dos estados autoritarios e non dunha democracia que se di avanzada.

Novamente Europa volta a examinar o Estado español en dereitos humanos, aínda que coa repetición de xulgamento do caso Bateragune Madrid xa deixou claro que lle importa ben pouco o que alí se diga. Para as persoas afectadas, as resolucións das instancias encarregadas de velar polo respecto dos dereitos sempre chegan tarde.

Naiz