En outubro de 2017 soubemos que a China ía implementar un sistema de pontuación cidadá baseada na confiabilidade e que o aplicaría a toda a cidadanía. Deste sistema dependería que puidesen acceder a diversos servizos e créditos. Agora xa hai meses que o sistema está aquí, foi baptizado como “Crédito Social” e nel concéntranse todas as cualificacións crediticias, financeiras, sociais, políticas e legais de cada cidadá e cidadán, o que serve para delimitar e informar o nivel de confianza que ten unha persoa. Nesta primeira fase, as persoas con baixa pontuación non terán acceso a avións nin a trens.

 

China Socialcredit

 

A distopía é real
No pasado 1º de maio entraron en vigor as primeiras regras do “Crédito Social” na China. A primeira restrición está dirixida a aquelas “persoas non confiabeis”, que terán prohibido adquirir boletos de tren e de avión, sen importar que teñan a necesidade de saír do país por algunha emerxencia ou por cuestións laborais.

Esta restrición durará como mínimo un ano e despois deste tempo haberá unha nova revisión para determinar se se levanta a prohibición ou se alarga máis outro ano. As persoas que entran directamente nesta prohibición serán aquelas que cometeron actos delituosos no último ano, que difundisen información falsa sobre terrorismo, causaron problemas nalgún voo, así como aquelas que usaron tickets vencidos ou foron sorprendidas fumando no interior dalgún tren.

 

China implementará un sistema de puntaje ciudadano basado en la confiabilidad. Sí, 'Black Mirror' se vuelve real

 

Black Mirror
Así mesmo, quen teña cometido infraccións financeiras -empregando persoas sen pagaren o seguro social, por exemplo-, persoas que non pagaron multas e até aquelas que teñan emitido desculpas que se consideren “pouco sinceras” tamén se farán credores a esta sanción que lles prohibe viaxar por tren ou avión.

A China estima que a versión completa do seu “Crédito Social” estará disponíbel en 2020. Entretanto, continuará lanzando restricións e advertencias que afectarán a algunhas persoas.

O que resulta interesante de todo isto, é que estas restrición e ameazas provocaron que a xente non poida opinar, para ben ou para mal, deste sistema. Como sabemos, o goberno chinés esixe a toda a cidadanía ter unha aplicación de vixilancia nos seus teléfonos, así como o control absoluto durante as 24 horas do día através de máis de 20 millóns de cámaras equipadas con intelixencia artificial.

 

 

Doutra banda, desde fóra as cousas ven moi distintas. Un exemplo é o caso de Maya Wang, investigadora da ONG sen fins de lucro ‘Human Rights Watch‘, quen expresou: “As autoridades do goberno chinés claramente esperan crear unha realidade en que a mezquindad burocrática poida limitar significativamente os dereitos das persoas”.

RAÚL ÁLVAREZ

Xataka