O Sindicato Unificado de Policía comparecerá como acusación polo vídeo que foi gravado cando axentes do Corpo Nacional de Policía foron expulsados dun apartamento de Palma en que entraran sen autorización do propietario. As imaxes tornáranse virais e o sindicato policial considera que a súa divulgación “non é ética” porque “pode pór en perigo a integridade física” dos axentes.

.

.

Marlaska cita a Rubalcaba contra las "infamias" de Vox
                O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Imaxe de arquivo

.

.

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) anunciou que comparecerá como acusación nos tribunais pola grabación dunha intervención policial, relacionada coas restricións polo estado de alarma, nun apartamento privado de Palma de Mallorca.

O vídeo foi divulgado polas redes sociais e nel poden verse uns xovens que poñen fora da súa casa axentes da policía nacional por estes non teren orde xudicial para entrar e inspeccionar o domicilio. Aliás, un dos xovens recusa identificarse por non estar nunha casa privada e non na vía pública.

O SUP defende que a intervención foi motivada pola chamada dunha veciña por un suposto quebrantamento das medidas de distanciamento social.

 

Vídeo

O Sindicato policial declara que “os Policías Nacionais teñen protección legal para entraren nun domicilio, entre outros casos, cando o consentimento for tácito”. Neste sentido, afirman que “neste caso foi así”.

Por iso, manteñen que a actuación policial “se axusta a dereito en todo momento”, apelando ao oficio remetido pola Policia ao Xulgado no dia dos feitos e a denuncia do propietario. Alén diso, indican que en oficios posteriores que ampliarán a información “serán identificados todos os implicados”.

No vídeo, vese como o propietario da casa recoñece á cámara do seu amigo que el non accedeu á entrada dos axentes senón que estes empurraron a porta.

Público