Albert Tió, activista cannábico e membro da Federació d’Associacions Cannàbiques Autoregulades de Cataluya, entrou en prisión xunto con outros tres integrantes da xunta directiva da asociación de consumidores de cannabis Airam. segundo el propio publicou no seu perfil delTwitter.Desde o 18 de novembro cumpre unha condena de cinco anos no Centro Penitenciario de Lledoners (Barcelona).

 

 

Poucos días antes do seu ingreso no cárcere, en referencia ao pedido de indulto tramitado xunto do Ministerio de Interior en xaneiro de 2020, apoiado por máis de 15.600 persoas, Tió afirmaba “Nós xa contamos con que teremos de o agardar dentro, e o mesmo a resolución do recurso ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Tamén esperamos poder conseguir un terceiro grao pola nosa situación familiar logo que posíbel”. No pasado 10 de novembro, a campaña Consumo con Dereitos e a Confederación de Federacións de Asociacións Cannábicas voltaron a pedir o indulto para Tió e os outros tres membros da Xunta de Airam en conferencia de prensa celebrada en Barcelona. Tamén foi posta en andamento unha campaña de recollida de fondos na plataforma GoFundMe para facer frente ás despesas xudiciarias que xere a presentación dun recurso perante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.

 

Albert Tió entra en prisión por formar parte de la directiva de la asociación cannábica Airam

 

A traxectoria xudicial de Airam e das outras persoas que xerían a asociación é longa e complexa. Nos tres primeiros procesos, Tió e os outros membros da Xunta foron absolvidos pola Audiencia Provincial de Barcelona, mais nos tres seguintes, que tiveron lugar en 2018, foron condenados, apesar de o clube de consumidores de cannabis ter fechado catro anos antes. Nun dos casos a condena, por acordo co Ministerio Público, consistiu en dous anos de prisión, con suspensión de entrada no cárcere e o pagamento dunha multa de 2,2 millóns de euros, cifra que correspondía á facturación total da asociación durante os anos en que estivera activa, e que Tió leva pagando desde aquel momento con traballos á comunidade. A outra condena é a que o obrigou a entrar no cárcere para cumprir unha condena dun total de cinco anos: dous anos por asociación ilícita e tres por delitos contra a saúde pública, a condena máis alta coñecida por ser membro da directiva dunha asociación de consumidores de cannabis.

 

“Supoño que o feito de sermos unha das maiores asociacións e unha das primeiras motivounos para tentaren dar un castigo exemplar”, explicaba Tió a El Salto en xullo de 2019

 

Nesa altura, o avogado de Tió, Andrés García Berrio, acababa de presentar un incidente de nulidade no Tribunal Supremo sobre esta condena de cinco anos de cárcere e preparábase para presentar tamén un recurso de amparo xunto do Tribunal Constitucional, caso o alto tribunal non aceptar o incidente. Nin o Supremo nin o Constitucional aceptaron os escritos de Tió. O seguinte paso foi acudir ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos alén de pedir o indulto, resposta que pode demorar ainda varios anos.

O caso de Tió e o resto de membros da Xunta Directiva de Airam situáse na esteira de procesos xudiciais que comezaron en 2013, cando a Procuradoría Xeral do Estado emitiiu unha circular en que instaba os procuradores a sumar o delito de asociación ilícita ao delito contra a saúde pública nos procesos xudiciais contra asociacións de consumidores de cannabis que xa estaban funcionando. “Somos punidos com máis rigor por dar a cara para defendermos unha regulación, abríndonos á prensa e facendo cultivo individual e colectivo, que os propios traficantes”, lamenta Tió.

Kannabia