A Fiscalía pede cinco anos de cárcere para o activista Jordi Alemany por ter retirado a bandeira española da sede da Generalitat en Girona durante as mobilizacións do primeiro aniversário do 1-O.

 

No escrito de acusación, o ministerio fiscal expón que o acusado se dirixiu ao predio do Govern “en unión e dacordo con 300 prsoas máis que non puideron ser identificadas”, entrou pola forza e subiu ao terceiro andar, onde retirou a bandeira española da fachada para “menosprezala”. Para a Procuradoría, o activista e o resto do grupo “que o apoiaba” actuaron de maneira coordenada “nas formas e nos medios” co obxectivo “de atentar contra a paz pública, ofender a bandeira de España, vulnerar o principioi de autoridade dos axentes dos Mossos d’Esquaddra e do persoal de seguranza privada, menoscabar o valor patrimonial alleo e menoscbar a integridade física das persoas”.

Por todo isto, o procurador acúsao de cinco delitos: desordes públicas, ultraxe á bandeira española, atentado a axente da autoridade, lesións e danos. E pede cinco anos de cárcere e multas por valor de 7.200 euros. Alén diso, solicita unha indemnización de 3.638  euros polos desperfectos e as lesións aos vixilantes e ao axente.

Retirada da bandeira española

Segundo o escrito do fiscal, os vixilantes de seguranza bloquearon a porta de acceso á sede da Generalitat de Girona, mais o grupo “empurrou con forza para que cedese”. Despois, a Procuradoría expón que o persoal de seguranza e os Mossos d’Esquadra formaron “un cordón” para tentar impedir que entrasen, mais o grupo empurrou até conseguir entrar.

Tamén segundo a Procuradoría, os manifestantes deron pontapés para acceder ao interior do edificio e continuaron “forcexando” até conseguir chegar ao terceiro andar para retirar a bandeira. Despois atirárona ao chan, “onde foi pisada co ánimo de a menosprezar por persoas que non puderon ser identificadas”

O ministerio fiscal sostén que, como consecuencia das pancadas e empurróns “propinados polo acusado e o numero grupo que o acompañaba” dous vixilantes de seguranza e un axente dos Mossos sofreron lesións e cifran en 1.268,31 euros os desperfectos causados nas portas de acceso á Generalitat en Girona.

Ara