O relatorio describe como nos días posteriores ao 1-O houbo varias concentracións que condenaban a actuación policial dos corpos de seguranza. Entre elas, sobrancea o protesto diante da comisaría da Vía Laietana onde, segundo se relata, había persoas que lanzaban avións de papel contra os vehículos policiais. Segundo os axentes, estes feitos son unha mostra “do acoso recibido polos axentes” e a acusación utilízaos para dicir que houbo un “alzamento violento”.
Os policiías españois tamén aseguran que se coreaban consignas como “asasinos” ou “fora, fora, fora, polícía española”, que confirmarían a veracidade do seu relato.
.