Organizacións que traballan con persoas refuxiadas (como Pro Activa Open Armas, PROEM-AID ou No Name Kitchen) denuncian que cada día deparan con máis empecillos á hora de realizaren o seu traballo e que en países como Italia, Grecia ou Serbia son tratadas como grupos criminosos.

O barco de Pro Activa Open Arms que actuaba no Norte da Libia e foi detido por decisión do tribunal de Sicilia sob acusación de colaborar co tráfico de persoas.

 

Se unha árbore cae en medio ao bosque e ninguen está perto para ouvir a queda fai algún ruído? E se esta árbora é unha balsa que ven da Libia e a acción de caer é substituída por afundar. Fai algún ruido? As diversas organizacións solidarias que traballan no mar no salvamento e atención de persoas refuxiadas, tentan que este ruído ecoe: evitar que as balsas afundan non é tarefa facil. Sobretodo cando gobernos ou grupos paramilitares tentan impedilo.

Así, son moitas as persoas voluntarios que tropezan con barreiras á hora de realizar este labor. Unha das embarcacións de Proactiva Open Arms foi retida, un grupo de bombeiros de PROEM-AID foron xulgados e os voluntarios de No Name Kitchen denuncian que reciben ameazas da policía serbia cada semana. E non son as únicas organizacións que sofreron algun tipo de impedimento á hora de facer o seu traballo de resgate.

De les setze ONG que operaven al mar Mediterrani l’any passat duent a terme feines de rescat marítim, ara en queden dues. Aquestes dades poden portar-nos a una pregunta: es criminalitza l’acció voluntària cap les refugiades?

 

Proactiva Open Arms: acusada de “organización criminal” en Italia 

Proactiva Open Arms é unha organización non gobernamental que se dedica a realizar resgates marítimos nas zonas máis críticas de tránsito ilegal de persoas no Mediterraneo. Concretamente nas aguas internacionais que contornan a illa grega de Lesbos e a illa de Sicilia. Desde que está activa, salvaron a vida a máis de 59.000 persoas se sumamos as dúas áreas: perto de 27.000 na zona de Libia-Italia e 33.000 na zona de Turquía-Lesbos, segundo fontes da organización.

Este último mes, a fiscalía de Catania (Sicilia) retivo a embarcación con que operaba. Nese día foran resgatadas 218 persoas e os guardacostas deixaron as persoas voluntarias e as resgatadas 48 horas á deriva, á espera dun lugar onde ancorar o barco. Así, do 17 de marzo ao 20 de abril, non dispuxeron da nave na zona de Libia-Sicilia e, portanto, non puderon realizar ningún resgate.

 

Pro Activa Open Arms salvou a vida a máis de 59.000 persoas se sumamos as case 27.000 na zona de Libia-Italia e as case 33.000 na zona de Turquía-Lesbos

 

“O único que vimos foi o que saiu publicado nos medios. Este mes houbo naufraxios e nós non estábamos alí”, comenta Mar Sabé, portavoz de Activa Open Arms. “No ano pasado, na zona, había doce barcos dedicados ao resgate, e este ano hai dous -explica-. É a campaña que houbo en contra das ONG, que fixo con que moitas organizacións non pudesen manterse”.

Proactiva Open Arms basea o seu labor no salvamento marítimo integral. Apesar diso, hai unha investigación aberta ao capitán do barco retido e a chefa da misión. Están investigadas por dous delitos: o de organización criminal e o de potenciar a inmigración ilegal. “Nós evidentemente provamos e demonstramos que non ten fundamento algún e seguirmos fazendoo”, esclarece a portavoz. Hai pouco, no 20 de abril, a ONG voltaba ao mar con outro barco para continuar o seu labor. “Se nos confiscan un barco, levaremos dous ou tres, os que fixeren falta. Non cederemos”.

PROEM-AID: un xuízo de intencións en Lesbos

PROEM-AID é unha organización fundada no 2015. Tamén se dedica ao salvamento marítimo na illa grega de Lesbos. Fundáronna tres bombeiros sevillanos que, despois de ver a imaxe do pequeno Aylan -o meniño morto nunha praia e que en realidade se chamaba Alan-, viron que tiñan de facer algunha cousa para evitar máis mortes. “Creámola tres compañeiros bombeiros que decidiron que podían e debían facer algo, xa que dispuñan dos coñecementos necesarios, da vontade e da enerxía”, conta Manuel Blanco, un dos fundadores.

 

PROEM-AID é unha organizaicón fudnada no 2015 por tres bombeiros sevillanos despois de ver a imaxe do pequeno Aylan morto.

 

Contodo, Blanco, con outros dous compañeiros, acaban de vivir un xuízo. Foi no pasado 7 de maio nos xulgados de Lesbos. Enfrentábanse a case dez anos de prisión. El e os seus compañeiros foron detidos por guardacostas gregos cando se dirixían a unha zona de resgate, nun barco que non era o seu. As autoridades helenas acusábannos de “tráfico de persoas en grao de tentativa”. Tal como explica Blanco, “tentativa porque non levávamos ninguén no barco senón que tíñamos a ‘intención de’, quer dicir, xúlgannos porque pensan que tíñamos a intención de facilitar a entrada a persoas que non teñen o dereito administrativo”. O mesmo día do xuizo, no entanto, foron absolivods de todos os cargos. Apesar da situación e o xuízo, a opinión do vonluntario é contundente. E continúa na mesma liña. Salvar vidas non é un crime.

 

“Non levávamos ninguén no barco senón que tíñamos a ‘intención de’, quer dicir, xúlgannos porque pensan que tíñamos a intención de facilitar a entrada a persoas que non teñen o dereito administrativo”

“A situación cada vez é máis grave no mar. As persoas continuarán chegando. E encanto existir este problema e non houber recursos suficientes, haberá casos como estes”, conclúe Blanco. “Esperamos que se impoña o sentidiño”, dicía o vountario, antes de que a sentenza fose confirmada.

 

No Name Kitchen: reparto de comida probido na Serbia

No Name Kitchen é unha organizaicón con base en Sid, unha poboación situada perto da fronteira serbocroata. Esta ONG foi fundada en febreiro de 2017, cando varias voluntarias comezaron a distribuir comida ás persoas que tentaban cruzar dun país a outro. Repartían case 500 menus diarios.

 

“Cada semana víñan dúas ou tres veces onde facíamos o reparto para nos identificaren e nos lembrarem que era ilegal e podíamos acabar no cárcere. En Serbia a axuda humanitaria está penada e prohibida”

 

Un dos coordenadores desta organización, Josep Benavent, explica que as intervencións da policía son contínuas: “tentan facernos a vida imposíbel”. “Cada setmana venien dues o tres vegades on fèiem el repartiment per a identificar-nos i recordar-nos que allò era il·legal i que podíem acabar a la presó. A Sèrbia l’ajuda humanitària està penada i prohibida”

O coordenador explica que axudar en Serbia ten un risco e que, moi a miúdo, o risco é un perigo real: “Veñen por nós mediante denuncias, fan inspeccións e inspeccións sanitarias na casa en que vivimos. Calquera motivo serve de escusa para agarrarnos e levarnos a comisaría. temos moitos voluntarios que chegaron a pasar máis de tres noites en comisaría sen saberen por qué”. Apesar do grao de racismo que, segundo contan, lles transmite a sociedade serbia, No Name Kitchen continúa activa, e continúa axudando día tras día.

A solidariedade reacciona

Pola súa parte, Lafede.cat, unha federación integrada por 114 organizacións, facía público nun comunicado días despois de facerse pública a retención do barco de Proactiva Open Arms a súa contrariedade diante da situación. Segundo esta plataforma “a criminalización da solidariedade e a axuda humanitaria e, infelizmente, habitual no mundo: Maleno, Open Arms i 8Marielle) Franco demonstran máis unha vez a incomodidade que supoñen as testemuñas directas da vulneración de dereitos humanos e evidencian a maquinaria dos estados para lles facer fronte, se preciso for, como demonstran os relatorios de SomDefensores ou Amnistía Internacional, facendo uso da violencia e restrinxindo dereitos conquistados como a liberdade de expresión e de manifestación”.

A plataforma Stop Mare Mortum tamén fixo pública a súa contrariedade, manifestando que “a represión a activistas e á cidadanía en xeral representa un corte aos dereitos inherentes dos cidadáns e cidadás (lei mordaza…) e é un ataque directo á democracia desde o suposto sistema democrático” e acrecentan que “cando as persoas ou as organizacións defenden os Dereitos Humanos, non as para nada, e moito menos a inxustiza do sistema contra a cal estamos traballando. Así que seguimos!”

 

Se se fai unha busca no Twitter coa etiqueta #NotATarget (Non un obxectivo) encóntranse decenas de nomes de activistas vítimas de asasinato onde traballaban.

 

Activistas detidas no Níxer, encausados na Grecia, con obstáculos por faceren resgates en Italia, asasinadas na Palestina… Se se fai unha busca no Twitter coa etiqueta  #NotATarget (Non un obxectivo) encóntranse decenas de nomes de activistas vítimas de asasinato onde traballaban. O último, un voluntario do Comité Internacional da Cruz Vermella (ICIC) asasinado no pasado 21 de abril no Iemen, cando asaltaron o seu vehículo. O seu nome era Hanna Lahoud. O ICIC tamén denunciaba no 3 de maio que, nos últimos dous anos, hospitais e persoal sanitario sofrera perto de 1.200 “accidentes de violencia contra as curas de saúde”.

A axuda internacional parece estar penada e perseguida. Pactos como o asinado con Turquía ou o chamado Berlín II e os asinados no cadro da Axencia Europea de Garda de Fronteiras e Costas (Frontex) para construir valos e baarreiras, parecen pretender que a sente deixe de vir e que outros deixen de axudar.  Non obstante, como afirma Eva Argudo, secretaria de SOS Refuxiados, “Que é máis importante, cumprir a lei ou salvar vidas? Do meu punto de vista, salvar vidas”.

 

PAULA LLOPIS

Fonte: La Directa