A violencia paramilitar continúa imparábel en Colombia. Na pasada cuarta-feira foi asasinada a dirixente indíxena María Bernarda Juajibioy en Putumayo, no suroeste do país en dirección á fronteira co Ecuador.

 

COLOMBIA. Otra lideresa indígena asesinada; con ella son 34 en lo que va de año

 

O feito, de por sí lamentábel, resulta ainda máis arrepiante por canto no mesmo atentado tamén perdeu a vida a neta de Juajibioy, con apenas un ano e cinco meses de vida.

Ambas as vitimas foron mortas por sicarios non identificados que, perto das 18:00 horas da cuarta feira interceptaron a motocicleta en que viaxaba a dirixente coa bebé e dispararon sobre elas até as deixaren sen vida.

No lugar estaban tamén presentes a filla de María Bernarda Juajibioy, Paola Patricia Pujimuy, de 22 anos e Sofía Solarte, que tamén resultou gravemente ferida.

As catro dirixíanse a aldea La Esmeralda, no concello de Valle del Guamuez, nesta rexión amazónica colombiana fronteiriza con Ecuador e Perú, onde o 21% da poboación é indíxena.

Juajibioy era a alcaldesa dunha poboación indíxena, que forma parte dos 15 pobos nativos desta rexión, e non constaba ningunha ameaza previa, segundo a rede de dereitos humanos, polo menos de que tivese informado de maneira directa. “Mais de maneira indirecta hai moita ameaza polo posicionamento das comunidades indíxenas polo tema dos sectores armados dentro dos territorios”, aseverou Quintero.

En 2018, a Defensoría del Pueblo emitiu unha alerta temperá para esta zona do Putumayo pola “reconfiguración” de grupos armados ilegais ao redor de economías ilegais (cultivos e produción de coca, minería ilegal e contrabando).

Estes grupos “trouxeron consigo a imposición de ordes violentas, ameazas, homicidios selectivos, restricións á mobilidade, recrutamentos forzados e utilización ilícita de nenos, nenas, adolescentes e xovens e deslocamentos forzados”, segundo a Defensoría. “A situación é horríbel”, recoñeceu a líder social de Putumayo. “Son zonas de alta presenza indíxena, mais tamén son zonas de alta presenza de cultivos ilícitos e de grupos armados á marxe da lei, e o para-militarismo nunca deixou de existir”. Estes grupos desde hai uns meses reforzaron as visitas ás comunidades para dar ordes e impor normas, e tamén conseguir que as comunidades se abran aos proxectos petroleiros no interior das comunidades. “Neste caso María (Bernarda Juajibioy) representaba a cabeza da comunidade”, explicou Quintero, que afirmou que os grupos usan este tipo de asasinatos para amedrontar as comunidades e impor o seu liderado a base de medo.

Máis de 300 líderes indíxenas asasinados

Este caso súmase aos 21 asasinatos de líderes sociais en 2021 rexistrados pola oficina da ONU en Colombia até o 22 de febreiro, que tamén documentou 133 homicidios en 2020. Pola súa banda, o Instituto de Desenvolvemento da Paz (Indepaz) contabilizou 34 líderes e defensores asasinados en 2021 e 1 148 desde a asinatura de acordos de paz, dos cales 308 foron indíxenas e 14 ocorreron no Putumayo.

Indepaz tamén denunciou na pasada quinta-feira o asasinato de dous mozos de etnia awá, de 23 e 18 anos, que desapareceron no pasado 16 de febreiro en zonas rurais de Tumaco (suroeste). A garda indíxena awá recolleu os corpos sen vida dos mozos o pasado 16 de febreiro e entregoullos a Medicamento Legal. “Seguimos vendo como o noso pobo Awá é dicimado por diferentes feitos violentos, estas mortes súmanse aos 35 asasinados en tempo de pandemia e oito desaparecidos”, denunciou a Unidade Indíxena do Pobo Awá (Unipa) nun comunicado. “Neste últimas tres décadas insistimos en que a guerra que libran non é nosa, somos un pobo milenario que ocupou de maneira respectuosa este territorio herdado polos nosos devanceiros”, alegou Unipa, nunha reivindicación repetida polas organizacións indíxenas ante a violencia que se vive nalgunhas zonas de Colombia.

El Comercio