O comité dos dereitos humanos da ONU publicou unha devastadora declaración sobre o xuízo ao procés en se acusa as autoridades españolas de vulneraren os dereitos humanos das persoas encausadas ao mantelas en prisión preventiva durante máis dun ano. O depoimento do comité da ONU, elaborado pola ONG Tamil Uzhagam, que actúa como organismo consultivo das Nacións Unidas, foi feito público no 28 de febreiro de 2019.
No texto da declaración explícase en primeiro lugar o contido do xuízo e as penas que se reclaman, e cuestiona que sexa verdade a acusación de rebelión, o principal delito xulgado. “Son acusadas de actuar con violencia e utilizar esta violencia -inexistente- para impulsar unha rebelión contra o Estado español, mais todas as convocatorias independentistas catalás sempre foron pacíficas. A única violencia veu das forzas de seguranza españolas, que provocaron unhas 1.000 persoas feridas no 1-O. Lembramos neste sentido a declaración que fixo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os dereitos humanos o 7 de marzo do 2018”, sinala.
Para o comité dos dereitos humanos da ONU, “as relacións entre España e Catalunya son problemáticas desde hai séculos” e por iso recomendou actuar pola vía do diálogo político, o que as autoridades españolas non aceptaron ao optar por xudicializar o procés. Laméntase que, ao actuar así, España vulnerou os dereitos humanos.
“Ao decidir levar estas autoridades e cidadáns [os Jordis] ante os tribunais, ao encarcerar a maioría deles desde fai máis dun ano de forma preventiva, á marxe de calquera medida menos grave que considerase a lei española, o Poder Xudicial español violou o dereito internacional dos dereitos humanos”, advírtese con rotundidade.
O comité tamén se queixa de que España “ignorou de forma repetida” as recomendacións e chamamdos que facían as organizacións das Nacións Unidas (o Alto Comisionado dos Dereitos Humanos, o Comité de Dereitos Humanos, relatorios de varios relatores especiais ou o Comisionado polos dereitos humanos do Consello de Europa), que pedían unha solución política e ofrecían mediación internacional. Precisa que o último veto foi a decisión do Tribunal Supremo español de non permitir a presenza formal de observadores internacionais no xulgamento.
O comité apunta que se está tratando os presos cataláns como se fosen o inimigo e que a división de poderes no Reino de España foi limitada no que di respecto ao procés independentista. “Segundo os expertos nacionais e internacionais, todo levou a unha situación de facto de represión xeneralizada, en que se usan métodos característicos da Lawfare (guerra xudicial) e a Criminal Law of the Enemy (dereito penal do inimigo). Estas metodoloxías rompen a ultíma cociente, principio de dereito penal que implica a limitación de facto dos dereitos a persoas consideradas ideolóxicamente opositoras. Iso viola o Estado de dereito e a separación de poderes que son inherentes nas democracias consolidadas”.
Segundo o relatorio, o alcance que tivo a investigación xudicial levou “a unha interpretación ampla, desproporcionada e abusiva na aplicación da lei, especialmente con respecto ao dereito penal e ao procedemento penal”. Iso afectaría tanto a investigación xudicial, as detencións e o feito de non se permitir actuar o “xuíz natural” póximo aos feitos e a causa ser “deslocada a 600 quilómetros”.
O comité lembra ademais que existe contradición entre os feitos de rebelión e sedición que apunta a acusación española, e a visión que expresaron os tribunais alemáns e belgas cando decidiron que non detectaban estes delitos. “O Tribunal Supremo español fixo un uso estratéxico, interesado e distorsionado dos instrumentos de cooperación de xustiza penal”, resume.
O relatorio da ONU tamén cuestiona a fragmentación da causa, e o feito de que estiveron implicadas até 4 institucións xudiciais diferentes: o Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional, o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, e os xulgados de instrución de Catalunya (especialmente o número 13 de Barcelona).
Lluís Bou