A revista electrónica Tokata reproduce un extracto da carta recibida da prisión de Albocasser en que se describe a morte de Antonio Fernández Navarro supostamente debida a unha sobredose. A falta de persoal sanitario leva a proporcionar aos presos nunha única entrega toda a medicación correspondente a varios días (fins de semana, feriados…). Moitas destas persoas teñen problemas de adición ou diagnóstico de trastorno mental. A maior parte das veces a medicación non é entregada por funcionarios habilitados para esta función senón por aqueles que están nese momento disponíbeis no centro.

 

Resultado de imaxes para carcel albocasser

 

Castelló a 21 de Outubro de 2018

Estimados compañeiros e compañeiras, aquí estou de novo para vos pór ao día de como está o panorama por aquí. Para comezar quero comunicarvos que no pasado venres día 12 de outubro acharon morto por sobredose de pílulas o fillo dun bo amigo meu de Alacant. O falecido chamábase Antonio Fernández Navarro. Todo isto aconteceu porque na quinta feira, día 11 de outubro, deron a medicación para catro días. É dicir, que houbo rapaces que chegaron coller até 30 pílulas xuntas, iso causou o falecemento deste rapaz de 32-34 anos no módulo 12, deixa varios fillos pequenos, unha viúva nova, un pai esnaquizado e un tío seu que está na enfermaría fodido pola súa doenza (bastante fodido!) e este golpe tan duro do seu sobriño acabará por o rematar.

Non podedes facer nin idea da cantidade de psicotrópicos que soltan nos chamados módulos conflituosos (módulos 2, 12 e este 3 o de castigo). Reflectide un momento, nun módulo 12, onde hai máis de 100 presos, a cantidade de fármacos que soltan a diario, e nas sexta o triplo!, porque dan a medicación para tres días (sexta, sábado e domingo). Sinceramente, isto é ir matando os compañeiros, sobretodo a mocidade que neste módulo son a maioría xovens. Ou sexa, barra libre. E é rara a semana que non sacan dous ou tres presos á enfermaría para lles pór contrarrestantes pola inxesta de grandes cantidades de fármacos. E o problema na miña opinión, porque o estou vivindo de preto, é que como non teñen medios de ocupación, ben sexa obradoiros ocupacionais, a escola.. a única vía que estes rapaces ven é tirar de enriba os días coas putas pílulas e o que non saben é que se están tirando a vida. Mellor dito, están a tirarlles a vida. […]

Paco “Piyayo”

Para saber en situación está este preso picar aquí

Tokata