O Concello de Santiago de Compostela e o Ministerio do Interior “aumentan a censura e a presión policial no 25 de xullo, día da Patria Galega, contra colectivos sociais e políticos”. Así o denunciaron onte Ceivar, Espaço Clara Corbelhe, Estreleira, Galiza Vermelha, Isca, Mar de Lumes, Marcha Mundial das Mulheres e Movemento Arredista, da man do Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca.

 

 

Once nuevos agentes para poner en marcha la ansiada Policía de Barrio

 

Nun comunicado de prensa denuncian que o 25 de xullo de 2022, o Concello de Compostela “enviou varias patrullas da Policía Local ao Paseo da Alameda con instrucións de comprobar se os postos de distribución de material e literatura política instalados como cada ano por colectivos do movemento social galego contaban con autorización municipal de venda ambulante”. “No caso de que estes carecesen de autorización, os axentes municipais deberían instar os diferentes colectivos a retirar as súas mesas sob ameaza de multa administrativa”, advirten no comunicado.

Os colectivos que xa instalaran as súas mesas no Paseo mostraron a súa sorpresa ante o requirimento da autorización por parte dos policías e negáronse a retirar o material, dada a tradición desta actividade, un feito que foi considerado desobediencia á autoridade e que se materializou “en forma de elevadas multas impostas polo Ministerio de Interior ao abrigo da Lei Mordaza”. As sancións, que xa comezan a chegar ás afectadas e afectados, ascenden a 601 euros.”Temos por diante non só a batalla xurídica para invalidar estas multas inxustas, senón tamén a batalla política pola censura que sofren os movementos sociais galegos”, denunciaron.Sancións.

Nós Diario