No estado de Texas, membros da comunidade chinesa comezaron a organizarse contra un proxecto de lei racista que se debate actualmente no Senado e que prohibiría aos cidadáns da China, Corea do Norte, Irán e Rusia compraren propiedades ou terreos no estado. O gobernador republicano Greg Abbott deu a entender que apoia ao proxecto de lei.

 

 

Os estadunidenses de orixe asiática din que a lexislación proposta é unha volta ás leis xenófobas que foron derrogadas hai moito tempo, incluída a Lei de Exclusión Chinesa de 1882 e as chamadas leis de terras de estranxeiros de inicio do século XX, as que prohibían aos inmigrantes asiáticos posuíren terras. Estas foron as palabras expresadas pola directora do Consello de Liderado Asiático Estadunidense, a activista Ling Luo, cando falou nunha manifestación nos inicios de febreiro.

*Ling Luo”: “O gobernador de Texas, Abbott, quería prohibir que os estadunidenses de orixe chinesa posuísen propiedades en Texas mediante a aprobación das leis SB 147 e SB 552. Os estadunidenses de orixe chinesa teñen que demostrar que son cidadáns [estadunidenses] se queren comprar propiedades. Esta é unha discriminación flagrante baseada na raza que viola a Constitución estadunidense. Debemos solidarizarnos e protestar contra estes proxectos de lei discriminatorios. Temos que levantarnos, facernos escoitar e contraatacar”.

Democracy Now