O Concello de Teo aprobou por maioría na pasada cuarta-feira a compra ao Arcebispado de Santiago dunha carballeira e o aluguer doutros terreos e dunha antiga reitoral. No convenio de compra aprobado explicítase que no futuro nestes espazos “non poderán realizarse actividades que sexan contrarias á moral ou á doutrina da lgrexa Católica”. O alcalde, Rafa Sisto, defendeu o anuncio da censura alegando el ser ateo “mais non iluso” (sic).

 

 

 

A rehabilitación dos inmobeis, a compra ou no seu caso o aluguer, serán por conta do concello, pagados portanto con fondos públicos, mais onde as e os contribuintes non poderán realizar actividades en que se defendan puntos de vista contrarios ‘á moral ou á doutrina da igrexa católica’ (debates, concertos, festivais… en defensa do estado laico, de crítica ao criacionismo, de apoio ao matrimonio entre persoas dun mesmo sexo, ao dereito ao aborto, ao divorcio, etc.)

En resposta ás críticas por o concello asumir a censura e comprometerse a exercela directamente -que o representante do BNG calificou de ‘chantaxe’ e comparou cun aluguer en que o dono da propiedade dí ao inquilino “o que pode ou non pode facer na casa”- o alcalde (Son de Teo-Anova) respondeu que, sabe “quen ten a propiedade, e tampouco son Mendizábal para desamortizar, e a vea revolucionaria non me chega a tanto”.

Convenio

La Voz de Galicia