Centenares de persoas manifestáronse na pasada segunda-feira en Vilafranca del Penedès contra a condena a Adrián Sas, sentenciado a 3 anos e medio de prisión por agredir a policía durante os disturbios do primeiro aniversario do 1-O. O xuiz impútalle un delito de atentado aos axentes da autoridade e lesións, ao tempo que o absolve de desordes públicas nunha sentenza que Sas considera unha ‘farsa’.
O Concello de Vilafranca voltou a reclamar a Generalitat que se retire como acusación no proceso xudicial contra o xoven e expresou e reafirmou a solidariedade do consistorio con el e coa súa familia ‘por todo o sufrimento e os danos que decorren da situación de xudicialización que viven”.
Neste sentido expresou nun comunicado o convencemento de que a identificación de Sas non foi ‘clara’ e lamentou que ‘moitas’ destas mobilizacións ‘teñan acabado con detencións e denuncias’ e lembra que o xoven manifestou ‘en todo momento’ non ter agredido ninguén.
“Non fraquexaremos”
O mozo, viciño de Vilafranca e implicado no tecido asociativo, cre que a sentenza estaba decidida antes do xulgamento e insiste en que se basea en probas sen garantías na cadea de custodia. Sas advertiu que manterán os protestos na rúa como o daquel 1º de outubro de 2018: “No fraquexaremos”.
“Diante deste novo ataque e tentativa de facernos claudicar na loita, temos que facer que esta sentenza non nos encha de tristeza, senón de raiba”, afirmou Sas antes do inicio da manifestación, en que encoraxou as persoas asistentes a “non dar un paso para atrás, senón para a frente”. Sas acusou os poderes politicos e xudiciario de quereren ‘deslixitimar’ a loita obreira e advertiu que persistirán cos protestos na rúa. ‘Tamén nos encontrarán nas urnas, que é o único que lles importa para manteren o seu asento e estatus”, acrecentou.
Més de 300 persones participen a la marxa en contra la sentència condemnatòria a Adrián Sas a #Vilafranca #sasabsolucio pic.twitter.com/LbnqQ0l6HQ
— La Fura (@LaFuraCoop) November 30, 2020
Sas reprochou novamente ao goberno manter a acusación particular contra el, con pedidos de prisión que sumaban cinco anos e medio. Ao mesmo tempo, criticou especialmente o testemuño do comandante dos Mossos d’Esquadra Jordi Arasa, lembrando que foi condenado a dous anos e catro meses de cárcere polo despexo do acampamento do 15-M.
Por súa vez, a irmá de Adrián, Paloma Sas, mostrou a solidariedade do grupo de apoio Sas Absolució , de que ela mesma e porta-voz. No seu discurso, considerou o irmán ‘un represalicado’ dos Mossos d’Esquadra, do ministerio público e da Generalitat, salientando o feito de a sentenza ter sido emitida días despois do xulgamento. “Estaredes de acordo conmigo -afirmou- que un sentenza que leva apenas catro días laborábeis é unha sentenza premeditada e política”, asinalou.
No fin da mobilización houbo algúns incidentes e ataques á casa do Concello e ás sedes de Esquerra Republicana, as súas mocidades e de Junts por Vilafranca. Posteriormente os Mossos carreggaron contra uns cincuenta manifestantes, segundo confirmou o corpo policial. Os Mossos afirman que dous axentes resultaron feridos leves.½