Miembros del colectivo musical La Insurgencia.

 

 

Segundo Saúl Zaitsev, todos os membros do colectivo recorrerán ao Supremo, mais se este tribunal non aceitar o recurso, terán que entrar no cárcere xa que a condena imposta impede a posibilidade de solicitaren a suspensión da pena de prisión.

A procuradoría di no seu escrito que as letras denunciadas divulgan unha mensaxe de “enaltecemento do terrorismo” e “unha tónica subversiva fronte á orde constitucional democrática”. Son frases críticas coa monarquía, o goberno ou o propio sistema, como: “Leyendo a presos de los Grapo entendí muchas cosas, como que la lucha de clases no se gana con rosas” / “Yo no lleno salas diciendo que el Rey tiene una bala con el nombre de Lasa y Zabala, terrorismo institucional” / “Estoy de lado, estoy con los parias, quiero ver a Rajoy atado a una vida precaria, con rabia me revelo, con la misma que se hizo volar a Carrero, vuelos altos bajo esta dictadura. Franco murió pero Juan Carlos siguió con la tortura”.

En declaracións ao xornal Público, Zaitsev denuncia que “a Procuradoría pretende tirar frases inconexas das nosas cancións, sen coherencia, como se fose un discurso politico ou un mítin. Unha canción ten que ser entendida dentro do seu disco, dentro do todo. Determinadas frases poden soar agresivas, mais ninguén pode ir ao cárcere or facer cancións de mal gosto. Ou iso pensaba eu até agora”.

As coincidencias nos tribunais non só acontecen co procurador José Perals e os mozos de Altsasu. De feito, a Audiencia Nacional é a mesma que condenou a doce anos de prisión Mónica C. e Francisco S. pola detoación da basílica do Pilar de Zaragoza. Deste caso derivaron os procesos xudiciais das operacións Pandora e Piñata, pola que Nahuel estivo ano e medio en prisión.

Fonte: Público