Amnistía Internacional denuncia casos “de uso ilegal da forza” por parte da policía española durante o confinamento por frear a expansión do coronavirus. Nun relatorio en que analiza violacións de dereitos humanos durante o confinamento en Europa, a organización móstrase preocupada por casos en que a policía utilizou “de maneira ilegal a forza”  e subliña que xa denunciou anteriormente “a falta de investigacións rápidas e imparciais” sobre estes casos, así como sobre “controis policiais discriminatorios”. Por outra banda, a organización insiste na súa “preocupación” reiterada sobre “as restricións desproporcionadas” no Reino de España da liberdade de expresión pola ‘lei mordaza’.

 

agent policia espanyola CNP - Efe

 

 

No relatorio, Amnistía Internacional denuncia varios casos en que considera que a policía fixo un “uso ilegal da forza” desde o 15 de marzo, día en que foi adoptado formalmente o confinamento. Segundo apunta o documento, que recolle datos do Ministerio do Interior, foron máis dun millón os expedientes de infracción iniciados e máis de 8.500 as persoas detidas durante o período de confinamento.

Entre os casos “de uso ilegal da forza”, no relatorio son citados o de “persoas que foron esbofeteadas e empurradas sen ofrecer ningún tipo de resistencia a un control de identificación ou a unha detención”. A organización denunciam, por exemplo, un caso no País Valencià en que os axentes obrigaron un home e unha muller a saíren do coche e pediron ao home baixar os pantalóns e a roupa interior cando xa estaba fora do vehículo. Outro dos casos citados aconteceu en Bilbo, onde os policías “empurraron” e “espancaron de maneira violenta coa porra” un mozo. Tamén se recolle un caso de Málaga en que os policías “bateron varias veces” nun home antes de detelo.

Alén diso, Amnistía Internacional denuncia que algunhas das persoas que gravaron estas situacións foron multadas por “uso sen autorización de imaxes de oficiais de policía” e “falta de respecto á policía”. “O primeiro delito é particularmente problemático e restrinxe desproporcionadamente o dereito á liberdade de expresión”, indica AI, que reivindica o dereito a poder informar a cidadanía sobre as actuacións policiais.

Con respecto ao delito sobre o respecto á policía, a organización insiste na súa “preocupación” sobre a “vaga formulación” do artigo 37.4 da ‘lei mordaza’ e lembra que “milllares de persoas son multadas cada día” como consecuencia desta “vaguidade”.

El Nacional