O corpo achado a pasada terza-feira no Río Chubut polos submarinistas da Prefectura Naval Argentina  pertence a Santiago Maldonado, confirma a fiscalía nun comunicado. O cadáver foi localizado “aproximadamente 300 metros rio acima desde o epicentro do conflito que tivo lugar o 1º de agosto de 2017. A portavoz do Pu Lof de Cushamen, Soraya Maicoño, asegura que o corpo “foi plantado” ali. “Hai dous, tres días, non estaba aí, decididamente”.

“Hai un lugar onde todas as veces mostramos que era desde onde o levaran (Maldonado), e desde aí, está a uns 70 metros río acima. Dicimos que plantaron un corpo porque un se paraba nun poio, afastado do río, e podía verse o lugar claramente”, subliña. Agora apareceu “porque é un lugar bastante transitado, porque se vai buscar auga continuamente”.

 

A dirixente sostivo que “todos? están convencidos de que o corpo achado onte foi ‘plantado'”, e afirma que pensarían “outra cousa se o tivesen achado no fondo do río ou nun lugar que non tivese sido rastreado.

“Non podemos saber como apareceu o corpo aí, mais seguimos sostendo que a Santiago Maldonado o levou a Gendarmería e que falamos de feitos moi macabros e de moita impunidade”, engadiu.

Após valorar a actitude do xuíz federal de Rawson Gustavo Lleral de reunirse coa comunidade unha vez que se fixo cargo da causa, Maicoño detallou que o operativo foi “consensuado” a semana pasada, en que se acordou que non participasen as forzas de seguranza.

“Para nós foi tremendo […] apareceu no noso territorio. Apenas o sacaron das ramas, metérono nunha bolsa, subírono a unha padiola e metérono nunha ambulancia e levárono. Por iso tampouco podïamos dicir quen era”, explicou.

Vítima da represión conta a comunidade mapuche

Santiago Maldonado, 28 anos, foi visto por última vez o 1 de agosto, cando a polícia arxentina levaba a cabo a enésima operación de represión contra a comunidade autóctone mapuche en luta (“Lof”, na Resistencia do Cushamen, “Lof” é uma palavra índia que designa unha comunidade indíxena), que se manifestaba na estrada nacional nº 40, na província do Chubut, no Sul do país, numa propriedade da multinacional Benetton, território reivindicado pelos Mapuches.

Fonte: Radio Mitre