A noticia de que os presos políticos cataláns viron como lle eran confiscados lapis e xerseis amarelos en Soto del Real viña acompañada doutro ridículo: a Raül Romeva confiscáronlle un exemplar da revista satírica El Jueves por considerala “politicamente incorrecta”. O semanario editado en Catalunya viu na súa historia como o retiraban dos quioscos por consideralo contrario á Casa Real, mais agora ten unha nova medalla. E como o confisco os pillou co número desta semana acabado só tiveron tempo de engadir isto na capa no lugar máis privilexiado: acima da cabeceira.

 

 

Políticamente incorrectos