A idea de facer o libro surxiu das tertulias que as familias destas persoas fan por toda a Catalunya. ‘Démonos conta que moita xente non podia entender que se tivesen vulnerado dereitos porque non sabía que dereitos tiña’, explica Alba Puig, filla do conselleiro de Cultura Lluis Puig e unha das coordenadoras do libro. Cre que moitas xerazóns ignoran que hai dereitos adquiridos grazas a acordos internacionais. ‘Cando o sabe, a xente ainda se indigna moita máis. Descobre que o estado español vulnera dereitos adquiridos’.

Por todo isto pensaron que era preciso facer máis pedagoxía e explicar os dereitos civis ás crianzas, desde ben pequenas. Ao levar a cabo o proxecto contribuíron escritoras, ilustradores, como por exemplo Empar Moliner, Jaume Cabré, Jordi Calvís, Pilarin Bayés, Ada Parellada e Bel Olid. Mesmo, Jordi Cuixart desde a prisión.

En cada conto se explican dereitos tan diversos como o dereito á vivenda, á liberdade, á vida ou a seguranza. O libro non fala de independencia, nin do primeiro de outubro.

Os beneficios das vendas irán destinados a apoiar o traballo da Associació Catalana pels Drets Civils

 

.