Ás mortes en Puerto III, Picassent, Brians… ainda é preciso acrecentar outras acontecidas no mes de abril. Algunhas delas tiveron lugar tamén en prisións do estado e outra no momento da detención. Infelizmente tampouco faltarom no último mes mortes nas fronteiras africanas do Reino de España, neste caso dous mozos que supostamente terían cruzado o valo de Ceuta e apareceron mortos despois do salto.

 

Segundo cadáver, por Carmen Echarri

 

Morre o terceiro recluso en apenas un mes na prisión de Albalote. Estaba ingresado no módulo 1, un dos mais conflituosos do penal, e foi na contaxe que os funcionarios detectaron o falecemento:  http://www.ideal.es/granada/provincia-granada/muere-tercer-recluso-20180418002043-

Falecen dous internos no macrocárcere de Huelva en menos dunha semana. ACAIP denuncia falta de persoal no reparto de medicación nos fins de semana e feriados, así como deficiencias no sistema informático de xestión:  http://sevilla.abc.es/andalucia/huelva/sevi-fallecen-internos-macrocarcel-huelva-menos-semana-201804161320_noticia.html

Morre un homem en Donosti cando era reducido por axentes da Ertzaintza. A autopsia desvela que o falecido non presentaba golpes nin traumatismos que xustificaren a morte do home, de 39 anos: http://www.diariovasco.com/gipuzkoa/muere-donostia-reducido-20180416002052-ntvo.html

Mortes en Ceuta despois do último salto. Os dous xovens achados mortes en Anyera cruzaron o valo con outro compañeiro. A Garca Civil investiga os datos de que dispón para reconstruir a historia: https://elfarodeceuta.es/muertes-ceuta-ultimo-asalto/ 

Segundo cadáver: https://elfarodeceuta.es/segundo-cadaver-por-carmen-echarri/

Achado un segundo cadáver dun mozo subsahariano na zona de Anyera. Estaba nun socavón, rodeado de mato. Foi precisa a participación dos bombeira para recupear o corpo:  https://elfarodeceuta.es/cadaver-segundo-inmigrante-valla-ceuta