A cifra podería aumentar o próximo 17 de abril, Día da/os Prisioneira/os  Palestina/os, e o protesto poderia mesmo agravarse converténdose nunha greve tamén de sede, moito máis daniña para a saúde.

 

Continúa la huelga de hambre indefinida de más de 400 presos y presas palestinasImaxe da longametraxe ‘3.000 anos’. Foto: Foro Palestina Libre

 

Na pasada quinta-feira tivo lugar en Beirut a presentación do relatorio anual (2018) sobre a situación dos presos e presas palestinas elaborado pola Asociación Tadamon. Algúns dos datos que achega o documento reflecten a crueldade con que actúan as autoridades israelitas.

Por exemplo, durante o ano pasado 5.700 persoas palestinas foron detidas polo réxime sionista, entre elas 980 nenos e nenas palestinas, das cales, o 99% sufriron algún tipo de torturas e abusos.

2018 sobrancea tamén polo grande número de arrestos de palestinos e palestinas de Xerusalén ou de exprisioneros. Así mesmo, compre lembrar que un menor de 16 anos foi condenado a 35 anos de cárcere. En total, as fianzas impostas por Israel en detencións de menores ascende a 270.000 dólares.

Outras cifras que figuran no relatorio da Asociación Tadamon indican que as forzas israelitas detiveron 165 xornalistas palestinos. 514 palestinos e palestinas foron sentenciadas a prisión perpetua. En total, ao redor de 6.000 palestinos e palestinas están actualmente en cárceres sionistas, 250 menores, 29 mulleres, e oito son deputados palestinos.

Todo isto ocorre a uns días da celebración do Día dos Presos e Presas Palestinas, cuxa conmemoración terá lugar na próxima cuarta-feira. Por iso, e para pór de manifesto esta situación, máis de 400 palestinos e palestinas reclusas en cárceres israelitas, están en greve de fame para esixir o respecto aos seus dereitos, denunciar a constante vulneración dos mesmos e protestar contra as medidas impostas as autoridades sionistas.

Unha portavoz da Sociedade de Presos Palestinos, Amani Sarahna, explicou en declaracións á axencia de noticias palestina WAFA que as persoas presas continúan co protesto que comezaron na pasada segunda-feira 8 de abril apesar da existencia xa de contactos coas autoridades.

En concreto -tal e como informa Naiz-, os presos e presas esixen a retirada do sistema de interferencia para teléfonos -que supón un risco para a súa saúde-, a instalación de teléfonos públicos nos cárceres, o fin da política de isolamento como castigo e melloras na atención sanitaria, entre outras cuestións.

A cifra de grevistas podería aumentar no próximo 17 de abril, Día dos Presos e Presas Palestinas, e o protesto podería agravarse e converterse nunha greve tamén de sede, moito máis daniña para a saúde.

Pola súa banda, organizacións de dereitos humanos aseguran que o Ministerio de Saúde israelita autorizou grandes empresas farmacéuticas internacionais a utilizaren os prisioneiros palestinos como cobaias para probar novos fármacos, atentando contra todos os tratados de Dereitos Humanos. Denuncian que se realizaron xa máis de 5.000 probas.

AraInfo