Ainda hai 122 persoas condenadas pola súa vinculación con ETA que cupren condena en penais situados a máis de 1.000 kms dos seus lugares de orixe.
 
De izquierda a derecha, Rebordinos, Madina y Gabilondo
De esquerda a dereita, Rebordinos, Madina e Gabilondo, asinantes do manifesto / Cadena SER
.
.

O ex deputado socialista Eduardo Madina, o xornalista Iñaki Gabilondo e o director do festival de cinema de Donosti José Luís rebordinos súmanse ao un manifesto que reclama a aproximación a cárceres vascos dos presos e presas vinculadas a ETA.

O documento, intitulado “Por un novo camiño sen retorno”, foi presentado hai unha semana co apoio dunhas trinta persoas, entre elas Montxo Armendáriz, Carlos Bardem, Sergi López, Federico Mayor Zaragoza, Willy Toledo ou Nacho Vegas.
Unha semana despois, segundo os promotores, xa adheriron máis de duas centas personalidades, como Madina, que perdeu parte dunha perna nun atentado de ETA, Gabilondo, Rebordinos ou os actores Alberto San Juan e Juan Diego Botto.

As persoas que asinan o texto peden acabar coa “excepcionaldiade” da política prisional que se aplica aos presosde ETA e demandan ao Goberno, cuxo labor “valoran”, “continuar cos esforzos até completar plenamente a transferencia a Euskadi de todas as persoas presas por delitos de terrorismo”.

O 61% das presas e presos de ETA a máis de 300 kms do seu lugar de orixe

Nestes momentos hai 197 persoas presas vinculadas a ETA en cárceres españois, das ue 75 están en prisións de Euskadi, de provincias limítrofes (Cantabria, Burgos, La Rioya e Nafarroa) ou de Zaragoza e Soria. Outras 122 (61%) cumpren condena a 300 kms ou máis dos seus lugares de orixe.

En dous anos e medio de Goberno de Pedro Sánchez, con Fernando Grande-Marlaska á frente do Ministerio do Interior, foron autorizadas 140 transferencias de presos e presas de ETA, un número que non coincide con o de persoas pois algunhas foron transferidas máis dunha vez.

Destas , 116 están en cárceres de Euskadi ou próximas, segundo datos facilitados por Institucións Penitenciarias.

Alén disto, durante o mesmo período foron concedidas 17 progresións de grao (terceiro grao ou réxime aberto), que non todas necesariamente contan como aproximacións: 13 delas si supuxeron transferencia de penal. Sumadas ás 140 transferencias, soman un total de 153 durante o mandado de Grande-Marlaska.

A maioria das 197 persoas presas vinculadas a ETA cumpren condena en prisións de Andalucía -en concreto 41, que supoñen case o 21% do total-. Castille y León é a segunda comunidade que alberga máis presos de ETA (35), un 17,7%, seguida da Comunidade Valenciana (20 persoas, un 10%).

La mayor parte de los 197 presos etarras cumplen condena en prisiones de Andalucía, en concreto 41, que suponen casi el 21 % del total. Castilla y León es la segunda comunidad que alberga más presos de ETA (35), un 17,7 %; seguida de Comunidad Valenciana (20 internos, un 10 %).

A máis de 1.000 KMS

Dos 122 reclusos encarcereados a máis de 300 kms de Euskadi, aproximada vinte están presos nos penais de Cádiz, Sevilla, Almería e Huelva (por volta de 1.000 kms de distancia). No cárcere de Huelva hai catro persoas, segundo os últimos datos fornecidos pola agrupación de familiares Etxerat.

CADENA SER