O corpo sen vida do recluso foi descuberto na quinta-feira polos funcionarios do reconto da mañá.

 

El fallecimiento se ha producido a lo largo de esta pasada noche en la prisión sevillana

 

Outro preso de Sevilla I apareceu morto na súa cela nesta quinta-feira, a primeira hora, cando os funcionarios realizaban o primeiro reconto da mañá. O falecido foi identificado como Jonathan G.J., destinado no módulo 57 do cárcere hispalense.

O corpo sen vida de Jonhatahn G.J. foi transferido ao Instituto de Medicina Legal onde lle será practicada a autopsia. Unha das posibilidades que están sendo ponderadas é a da sobredose. O consumo de drogas ou fármacos xunto co suicidio son as causas máis frecuentes de mortalidade no interior dos recintos prisionais españois.

As mesmas fontes adverten que detrás destes falecementos en moitos casos está a falta de persoal que impida a entrada de droga nos cárceres ou garantan unha correcta asistencia sanitaria. O aumento da populación reclusa con problemas psiquiátricos, moitas deles derivados dun consumo prolongado de estupefacientes, inflúe na estatística sobre mortalidade.

3 mortes en menos dun mes – 9 no que vai de ano

No caso dos cárceres sevillanos, nas últimas semanas foron rexistradas tres mortes. A primeira, Julián M.C., tivo lugar no pasado 9 de maio, e tamén en Sevilla I. O 29 de maio produciuse outro falecemento na prisión de Morón. Antonio N.F. protagonizara anteriores episodios de sobredose e estaba ingresado nun módulo cunha importante presenza de reclusos politoxicómanos.

A estas mortes sumouse a da pasada quinta-feira. Con este último casos serían xa 9 as mortes rexistradas en centros prisionais de Sevilla no que vai de ano.

A asociación de funcionarios Tu abandono me puede matar está levando a cabo unha contaxe pormenorizada destas mortes e através de redes sociais denuncia que por trás destes episodios mortais está a carencia de recursos. Unha das fontes pon como exemplo como antes dos fins de semana ou na véspera de feriados, cando non haberá profesionais sanitarios na prisión, entrégase aos presos a medicación prescrita para varios días e confíase en que eles mesmos a administren. O risco de que non sigan a pauta fixada polo facultativo é elevada, con os resultados que conhecemos.

ABC