Por detrás desta nova lei mordaza dixital hai moito máis que unha medida dedicada a contentar as dereitas e o españolismo no conflito con Cataluña. Por detrás desta Lei Mordaza Dixital achamos un ataque frontal ao dereito de protesto.

 

ley mordaza digital internet como afecta

 

 

Despois do seu anuncio en plena campaña electoral, esta semana saíu adiante o Real Decreto-lei 14/2019, de 31 de outubro polo que se adoptan ‘medidas urxentes por razóns de seguranza pública en materia de administración dixital’. Este decreto, impulsionado polo Goberno do PSOE ante a suposta ameaza dunha república dixital catalá, viu luz verde grazas aos votos favorabeis da dereita e ante a abstención de Unidas Podemos.

Algúns analistas xa cualificaron a norma como unha ‘Lei Mordaza Dixital’, isto é, unha evolución da lexislación represiva que profunda nos seus aspectos máis lesivos pondo o foco nas formas e derivadas tecnolóxicas de organización do protesto.

Segundo o texto publicado no BOE, o decreto permitiría ao Estado a intervención de internet através da asunción do ‘control e a xestión directa de infraestrutura de rede’ sen orde xudicial ‘por motivos de orde pública’.

Como ben explica Enrique Luján, coautor do libro Resistencia digital, debemos entender internet como unha rede de redes composta polos numerosos elementos de conexión, códigos software (aplicacións, plataformas, programas) e dispositivos hardware (soporte físico). Deste xeito, o que esta norma ofrece ao Estado é a potestade de intervir de forma selectiva calquera destes elementos tecnolóxicos que conforman as redes e, a xuízo subxectivo do propio Goberno, puderen verse implicados no que puder ser cualificado como potencialmente alterador da ‘orde pública’.

Esta ambigüidade non é fortuita, senón froito dun propósito de alargar o paraugas baixo o cal o Estado pode desenvolver o seu carácter coercitivo sobre a poboación. Con esta norma, non só o criminalizado Tsunami Democràtic podería ser obxecto de encerramento de sitios web ou confiscación de servidores, o cal é xa unha absoluta aberración democrática.

 

Cunha interpretación autoritaria da nova norma, as mobilizacións antidespexos da PAH, a organización do 15M ou as masivas greves feministas dos últimos anos poderían ser obxecto de (máis) represalias

 

Cunha interpretación autoritaria da nova norma, as mobilizacións antidespexos da PAH, a organización do 15M ou as masivas greves feministas dos últimos anos poderían ser obxecto de (máis) represalias. Esta nova Lei Mordaza Dixital é, portanto, outro ataque directo ao dereito de protesto e de libre reunión. Pon no foco calquera forma de organización social atravesada dalgún modo pola tecnoloxía: un grupo de Telegram ou WhatsApp en que se falou da convocatoria dunha manifestación, sitios web que promocionen calquera mobilización ou a propia divulgación de imaxes de protestos poderían non pasar o filtro arbitrario que se define no texto.

Costuma restarse importancia ás medidas que teñen a ver coa tecnoloxía construíndo a idea artificial de os mundos real e virtual existiren como compartimentos estancos. Nada máis lonxe da realidade. A guerra contra o aparentemente imaxinario é sempre un conflito de causas reais e materialmente obxectivas.

 

Pensar que calquera tipo de regulación a respecto do control desta infraestrutura se reduce a un ámbito ‘virtual’ ou ‘cibernético’ supón ignorar o noso grao de dependencia dixital e os dereitos que a día de hoxe están ligados á infraestrutura tecnolóxica

 

O teu móbil forma parte da infraestrutura de rede. O teu computador, por suposto. As páxinas web de que depende a túa cita do médico, os servidores e bases de datos que gardan a túa información bancaria. Por detrás da palabra máxica ‘internet’ hai unha inmensidade de elementos que forman parte da nosa vida cotiá. Precisamente, a súa normalidade converteunos en case invisibeis aos nosos ollos. Por iso é polo que non somos conscientes das implicacións que o conxunto destes dispositivos e conexións teñen nas nosas relacións sociais, o noso traballo e a nosa vida persoal.

Mais, por que agora? Que sentido ten que o PSOE decidise levar adiante un ataque destas características en plena negociación para conformar un suposto goberno progresista? A escusa é Cataluña, mais a verdadeira razón vai alén diso. Sería absurdo pensar que o Goberno impulsionase nada menos que un decreto-lei polo cal se permite tomar o control de infraestrutura tecnolóxica polo suposto risco a unha suposta ‘república dixital’ imaxinaria. Sería como disparar con fogo real a unha lenzo tendido que se move polo vento.

 

Por detrás desta nova lei mordaza dixital hai moito máis do que unha medida dedicada a contentar as dereitas e o españolismo no conflito con Cataluña. Por detrás desta Lei Mordaza Dixital achamos un ataque frontal ao dereito de protesto.

 

Por detrás desta nova lei mordaza dixital hai moito máis do que unha medida dedicada a contentar as dereitas e o españolismo no conflito con Cataluña. Por detrás desta Lei Mordaza Dixital achamos un ataque frontal ao dereito de protesto. Un ataque que ten un obxectivo preventivo e aleccionador.

Este decreto-lei, que co dedo sinala Cataluña, ten a ollada posta na crise económica que se aveciña. Busca desactivar non unicamente as mobilizacións xurdidas ao calor do conflito catalán, senón aquelas que poidan xerarse cando toque aplicar cortes. Por unha banda, pretende afastar as clases populares de pensar que através da mobilización poden conseguir algo sen represalias. Por outro, dota de maiores ferramentas coercitivas o Estado para perseguir calquera tipo de disidencia. E o obxectivo é triplo, porque contén tamén unha mensaxe de tranquilidade para os mercados: ‘Non se cederá ante a presión popular que poida emerxir demandando unha saída social á crise’, e resalta: ‘temos xa os medios para evitalo’.

Aínda que, en aparencia, Sánchez retomou a vía transformista co acordo con Unidas Podemos, tentando manter a ficción de progresismo que o diferencie do bloque das dereitas, o PSOE é consciente do equilibrio que debe manter como parapeito do réxime do 78. A alianza con Unidas Podemos ten o propósito de absorber e desactivar impulsos de transformación estrutural, mais o cada vez máis fino verniz de progresismo esconde unha tendencia do PSOE na súa adaptación á axenda reaccionaria e a súa asimilación das presións dos mercados sobre como xestionar a crise que vén.

Deste xeito, Sánchez súmase á vía coercitiva ante a crise de réxime vista a súa dificultade e os fracasos de cercear os dereitos democráticos pola vía do consentimento. Faino pondo Cataluña como escusa mais ollando alén dela, avanzando na virada autoritaria global. Ante o estreitamento dos cincentos entre o confronto co sistema e ir atrás dos gobernos de corte neoliberal autoritario, Sánchez elixe a vía Macron e non a de Corbyn.

 

A posición de Unidas Podemos ante un ataque inequívoco ás liberdades como este non se entende se non é nunha lóxica de cesións para mostrar lealdade ao cogoberno cun PSOE que xa definiu o seu roteiro: “Há poderse até onde nós digamos”

 

A posición de Unidas Podemos ante un ataque inequívoco ás liberdades como este non se entende se non é nunha lóxica de cesións para mostrar lealdade ao cogoberno cun PSOE que xa definiu o seu roteiro: “Há poderse até onde nós digamos”. Esta lóxica converte Unidas Podemos en refén e sitúaa exactamente onde quería Sánchez, nunha posición de subordinación e nun círculo vicioso de renuncias difícil de romper se non é asegurando a súa independencia política do PSOE.

Por iso, para non deixar orfas as expectativas de mudanza real e o impulso constituínte que debe enfrontarse a medidas como esta Lei Mordaza Dixital, resulta imprescindíbel alargar o espazo dunha esquerda democrática que non dependa do réxime que pretende impugnar.

DAVID G. MARCOS

El Salto Diario