Nas sete grandes cidades galegas e en 19 vilas espalladas por todo o país están convocadas para mañá, dia 18 de maio, concentracións de repudio á violenta agresión que exerce Israel contra a  Palestina e de apoio ás reivindicacións do seu pobo. As concentracións terán lugar às 20:00 horas para reclamar ao goberno español e a Unión Europea medidas firmes que poñan fin de inmediato ás políticas de apartheid, limpeza étnica e xenocidio con que o estado sionista pretende se apropiar de todo o territorio da Palestina.