A Comisión de Centro do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, en greve desde o 12 de novembro de 2018 en defensa da calidade na atención e a dignificación para os/as usuarios/as do servizo, convoca para mañá, día 9 de xaneiro, cuarta-feira, unha manifestación de apoio a estas reivindicacións. “A sanidade pública é de tod@s, en ti está saír a defendela” na convocatoria. A manifestación partirá ás 19:00 do serán da Praza Roxa e rematará na Praza das Pratarias.