Fotografia: Europa Press

 

 

 

Agora, nunha entrevista que publica a revista Interviú(xusto antes do encerramento da publicación), Sánchez Corbí presume das accións que levou a cabo contra a ETA e, de camiño, ameaza as persoas que votaron no 1 de outubro e todas as que defenderon as urnas co seu corpo: “Iremos porta por porta”.

O entrevistador, Luís Rendueles, pergúntalle se hai algún risco de violencia alí. E o coronel responde: “Creo que non están no punto de dar o paso. Agora estamos case na parte dos escarnios; se se avanza, o seguinte punto son os cócteis molotov; o seguinte punto serían os explosivos. Tamén digo unha cousa, todos os que en Catalunya fixeron escarnios, atiraron pedras, lanzaron cadeiras… serán reclamados pola xustiza”.

O entrevistador di: “A resposta do estado é diferente da do País Basco”.

Sánchez Corbí: “Agora en Catalunya todo o que cometeu ilegalidades, que o 1 de outubro parecía que valía todo, non vale todo, eh? Agora, con todos estes vídeos que esta xente subiu moi ufana, iremos porta por porta: “Olá, bo día, é vosté o do vídeo? o que atira pedras ao garda civil?”- “Home, é que eu…” “Non, non, vosté é o do vídeo que atira pedras ao garda (bate na mesa), veña para aquí”. A xente vai pensalo máis”.

Fonte: VilaWeb