Con este libro, os autores aspiran a contribuir ao estudo da descomposición dos réximes capitalistas de excepción, tanto na América como na Europa. Os textos reunidos presentan unha primeira unidade relativa ao seu obxecto: xustiza de transición, memoria e dereitos humanos. Contodo, non hai entre eles unha unidade de problemática teórica. O seu interese reside no feito de constituíren un conxunto de investigacións que reflecten diferentes dimensións da descomposición.

 

Portada

 

Trátase portanto de acrecentar un contributo delimitado claramente ao universo, sempre en expansión, dos estudos referidos aos procesos de mudanzas de réxime. Para o dicir máis claramente e con maior precisión, esta obra colectiva reférese ás transicións de estados capitalistas de excepción a estados democrático-parlamentares. Poderíamos dicir, en liñas xerais, que o tratamento desta problemática é caracterizado pola pobreza teórica. Isto fai que o o itinerario a seguir sexa, alén de empolgante, un desafío.

Estamos perante un horizonte marcado pola subida da dereita política (liberal, conservadora, reaccionaria ou, directamente, fascista). Este é, sen dúbida, un dos problemas máis prementes do momento actual. O seu exame revéstese de importancia capital. E, como en todo estudo das modificacións das relacións de forza, o importante é aquí a especificidade que cada formación social presenta.

Contodo, as modificacións das relacións de forza, específicas de cada formación social, viñeron acompañadas por un fenómeno xeral ou, se se preferir, global: a progresiva presenza, cada vez máis vigorosa, de tendencias revisionistas e negacionistas a respecto dos réximes capitalistas de excepción. Este fenómeno, coa gravidade que supón, serviu para reacender un conxunto de nós problemáticos em amplos sectores do campo político e historiográfico. Daí a reabertura das discusións á volta da natureza dos estados capitalistas de excepción e o seu desmoronamento.

A través a seguinte ligazón poden acceder á consulta e lectura do libro.