Joan Rigol, Josep Guardiola, Núria de Gispert, Xavier Domènech e Joaquim Nadal son algunhas das persoas que adheriron á plataforma ‘Som o 80%’ impulsionada por Òmnium Cultural. O movemento agrupa personalidades da sociedade civil partidarias do dereito a decidir, que comparten tres grandes acordos: a defensa dos dereitos e as liberdades democráticas e fundamentais, o rexeitamento da represión e da xudicialización da política, e a defensa dunha solución política para o caso catalán.

 

 

Segundo o vice-presidente de Òmnium, Marcel Mauri, a iniciativa quer ser unha expresión da sociedade catalá, que ‘é diversa e plural, mais que non acepta a represión como ferramenta de solución de conflitos’. A plataforma, que se presentou no convento de Sant Agustí de Barcelona, ten o apoio dun centener de persoas de ideoloxías ben diferentes. Entre as que asistiron ao acto estaban os ex-consellers Antoni Castells, Andreu Mas-Colell e Joan Manuel Tresserras; o ex-deputado da CUP David Fernàndez; o ex-dirixente dos comúns Xavier Domènech; o ex-presidente do Pacte Nacional pel Referèndum, Joan Ignasi Elena; a ex-secretaria xeral de Podem Catalunya Gemma Ubasart; e o historiador Borja de Riquer.

VilaWeb