Como é ben coñecido, despois de estar solicitando durante un seis meses o traslado dos presos e presas políticos/as desde os cárceres de Madrid a Catalunya, logrouse finalmente que o traslado fose executado a inicios do verán de 2018. Iso motivou que todos eles/as puidesen ser conducidos ás prisións próximas ás cidades de Barcelona, Tarragona e Girona e supuxo unha mitigación, se así pode dicirse, do sufrimento e da dor engadida que non só para eles/as senón para as súas familias, para os seus fillos e, en fin, para as súas contornas sociais, supuxera o afastamento penitenciario. Desde o Sistema de Rexistre de i Comunicació da violencia institucional da Universitat de Barcelona, alegaramos daquela, desde principios de ano, toda unha serie de vulneracións de dereitos que consistían no dereito a estar preso nunha prisión próxima ao domicilio, o dereito dos fillos e das familias, especialmente dos menores de idade, a poderen manter relacións familiares o máis acordes e similares posibeis aos da vida en liberdade debido á proximidade familiar da prisión e, asímesmo, o dereito a poder contar con todos os medios necesarios para preparar unha defensa en condicións, dereito que se vía e viuse seriamente limitado durante tantos meses de encarceramento afastado de Catalunya. Diversos artigos fun publicando ao longo deste ano con alegacións xurídicas, relatos de anomalías procesuais e análises penolóxicos. Mais agora querería poder determe na consideración máis humana e cotiá que se asociará ás consecuencias psicosociais da causa penal contra os/as presos/as políticos/as cataláns.

Como consecuencia da transferencia aos cárceres de Catalunya, iniciouse así una certa etapa, verdadeiramente breve, que durará uns 6 meses aproximadamente, en que se pretende producir aquilo que na ciencia penal quere denominarse como un ‘principio de normalización’ entre a vida carceraria e a vida en liberdade que supón tentar asimilar as condicións da vida cotiá no exterior dunha prisión a aquelas que se dan nunha situación de privación de liberdade. Este principio, evidentemente, non pasa de ser un mero mandato prescriptivo, propio do mundo do deber ser mais que pouco se compadece coa realidade xa que, por suposto, continúa a ser unha privación de liberdade en certa maneira diferente ou mitigada como dicía mais, privación de liberdade no fin de contas no interior dun cárcere con todas as consecuencias que unha situación semellante comporta.

E agora pasado un tempo, novamente, ante as acusacións formuladas polo Ministerio Fiscal e a Avogacía Xeral do Estado, verificaranse os transferencias aos cárceres de Madrid para que, outra vez, estexan a disposición dun tribunal central, diferente a un tribunal de Catalunya onde o ‘principio do xuíz natural’ faría que no hipotético caso de haber algo que xulgar, iso ocorrese ante un xuíz do territorio catalán -conforme ás regras xerais de determinación xudicial da competencia (alteradas nesta macro proceso ou causa xeral)-, e non ante un organismo de excepción, ad hoc ou paralelo como é o propio dun tribunal centralizado dun Estado. En efecto, as regras normais de determinación da competencia dun xuíz para que coñeza da perpetración dun delito, establecen que coñecerá do mesmo o xuíz do lugar, do partido xudicial, onde o acto foi cometido. Aos meros efectos dialécticos, poderiamos expor que os supostos delitos de que se acusa os/as presos/as políticos/as cataláns, de existiren (hipóteses que non aceptamos), terían tido lugar en Catalunya. Por que entón coñece deles un tribunal que está fóra do territorio catalán?: porque no seu día se atribuiu esa competencia á Audiencia Nacional dando paso así a todo un conxunto de anomalías procesuais que escapan agora a esta reflexión, mais que non poden ser esquecidas pois daquelas lamas temos estes resultados? (invertendo o refraneiro popular). No entanto, semellante anomalía procesual non é outra cousa que una das probas da auténtica natureza política de todo este combate policial, xudicial e penal que pretende revestirse de contornos xurídico-penais.

Todo iso comporta por tanto, e non é un dato menor, o regreso ás prisións daquel territorio con todas as consecuencias inherentes que imos pasar a comentar a seguir.

Unha vez que se producir, novamente, a transferencia dos presos e presas políticos/as a Madrid para a preparación e inicio de todas as sesións do xuízo oral, iniciarase sen dúbida un novo momento vital. E será o momento dunha profunda acentuación da tensión que foi persistente ao longo de todo este tempo mais que sen dúbida aumentará a medida que a proximidade, primeiro do xuízo e da súa moi longa celebración posterior, vai ir acentuando a ansiedade, a angustia, a tensión e todos os síntomas e consecuencias engadidas a unha situación semellante.

Como tiven ocasión de comentar nalgunha visita mantida este verán con algún dos presos e presas políticos/as, vai producirse moi posibelmente un conxunto de situacións que poden ser descoñecidas para quen non estiver compenetrado coas rotinas da administración de xustiza. Eles/as saben e son conscientes do que suporá o regreso aos cárceres afastados de Catalunya, afastados novamente dos seus seres queridos e dunha contorna socio cultural moito máis empática digamos así coa súa situación. Saben perfectamente que se aproximan tempos moi duros…

En primeiro lugar, unha vez regresados aos cárceres madrileños e a título de mero exemplo do que estou a dicir, previamente ás sesións do xuízo, as visitas constantes dos/as avogados/as para a preparación dunha vista que require da lectura e coñecemento de máis de aproximadamente 100.000 folios de todas estas actuacións, fala de algo dunha dimensión verdadeiramente extraordinaria. E esa é a cualificación de toda esta auténtica causa xeral que por suposto provocará nas persoas que o viven, o aumento dunha tensión cotiá en que será moi difícil deixar de pensar un instante en todo o desenvolvemento do proceso e as súas consecuencias posteriores. Non sabe a xente que non pasou por esas experiencias a angustia que todo iso vai supor. O que direi a seguir non é só propio das persoas presas senón tamén de quen haberá de acudir como acusados/as desde a súa actual situación de liberdade, mais, por motivos obvios de imaxinar, aquí a reflexión céntrase e acentúase en quen está privado da súa liberdade.

En segundo lugar, todo iso vai provocar, desde o primeiro día que o xuízo se inicie, o transferencia constante, permanente e cotiá de todas as persoas presas, desde as primeiras horas da mañá, desde a periferia onde radican os cárceres de Madrid ás dependencias que se habilitaren para a celebración dese xuízo. Iniciarase un périplo que conterá unha rotina consistente na preparación e saída carceraria, a transferencia en furgóns ou vehículos semellantes durante todos os días, chegarán aos calabouzos do palacio de xustiza desde primeiras horas da mañá, serán despois conducidos á sala que se habilitar para a vista oral, tendo que estar constantemente atentos a todo o que acontecer durante o día, os días, as semanas, os meses, de todo este proceso. Despois, moi posibelmente en horas da tarde ás veces, da tarde-noite outras veces, dependendo das incidencias de cada sesión do xuízo, das vicisitudes procesuais (práctica de probas, relatos de centenares de testemuñas, etc.), terán que ser outra vez trasladados ás prisións pola noite para pasaren a noite nelas. Así, sucesivamente, esta rotina moi probabelmente vai a prolongarse durante meses, co consecuente aumento de todas as tensións que isto vai provocar, como antes dixen. Tensións que non soamente van reflectirse nos/as propios/as presos/as políticos/as, senón tamén nos seus avogados/as e por suposto, e de maneira moi especial, nas súas familias que van vivir á distancia a tensión a que me refiro. Como todos sabemos, as distancias aumentan cuantitativa e cualitativamente as consecuencias de todo isto.

Pasarán así, obvio é dicilo, os días, mudarán mesmo algunhas estacións climáticas, virá o frío… e os traslados diarios continuarán realizándose durante a celebración do aludido xuízo. Só resta esperar que todo o sufrimento, tensións e dor que todo isto vai supor durante os próximos meses, esperte unha sociedade que non pode -e non debe- continuar adormecida ou indiferente fronte á administración de tanta inxustiza.

A posta en liberdade das persoas acusadas, non só é un imperativo legal, sería tamén unha mostra dun mínimo trazo de humanidade que até o momento non se produciu. Parece que as acusacións de delitos inventados nun proceso infestado de irregularidades que abonarían a tese da nulidade, só queren profundar no escarmento.

Iñaki Rivera

eldiario.es