Defende a galegaColectivo Defende a Galega / Foto: @GorettiSRei

O secretario do Premio José CousoDarío Janeiro puxo en valor a “mobilización semanal” que cada sexta feira realizan traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos contra a manipulación. O colectivo denuncia que tanto a TVG como a Radio Galega censuraron a noticia evitando falar dela nos informativos. “De xeito incomprensíbel e aínda que a información estaba xa elaborada, a dirección deu orde de non emitila e de non tratar o tema en ningún dos seguintes informativos”, afirma a CIG

Tati Moyano, en representación de #DefendeAGalega, agradeceu “este recoñecemento” e manifestou que espera que “con este prremio” sexan escoitadas as “reivindicacións” do persoal da compañía pública.

Pola súa parte, o alcalde de Ferrol parabenizou o colectivo premiado e recoñeceu a “súa valentía polas reivindicacións” que fan cando “o que está en xogo son os seus lugares de traballo e o pan dos seus fillos”. “A dignidade, a honestidade, a coherencia e a liberdade son valores que hai que defender, mais tamén hai que defender que a profesión de xornalista sexa retribuída dignamente”, manifestou o rexedor, que asegurou saber “moi ben do que fala” xa que a súa irmá é xornalista.

VENRES NEGROS

O colectivo gañador está integrado por traballadoras e traballadores da Televisión de Galiza e da Radio Galega, que as sextas feiras vesten prendas negras para chamar a atención sobre “a manipulación informativa, o desmantelamento dos medios públicos e as dificuldades crecentes para desenvolver o traballo con criterios profesionais”.

Daí que creasen un lema, #DefendeAGalega, que utilizan nas redes sociais, denunciando que só através delas conseguen chegar ao resto da cidadania, perante o “silencio do resto dos medios de comunicación”.

O xuri estivo composto por membros do Colexio Profesional de Xornalistas e do Clube de Prensa de Ferrol.

PREMIADOS

‘Defende A Galega’ súma así aos gañadores das catorce edicións anteriores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa: Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Líe Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consello de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017) e Julia Otero (2018) foron até agora as persoas galardoadas coa  estatueta ‘As Ceibes’ elaborada polo artista Manuel Patinha, orixinario de Portugal.

Galiciapress