O 19 de maio, o Defensor del Pueblo contestou a Queixa de EsCULcA de 27 de abril en que o observatorio lle pedía ditase recomendación urxente ás administracións para garantir a salvagarda do dereito de reunión e manifestación, e de liberdade sindical, despois de o TSXG ter desestimado o recurso da Central Unitaria de Traballadora/es (CUT) contra a prohibición de organizar unha caravana de vehículos o 1º de maio en Vigo. Agora o Defensor responde ao observatorio tentando xustificar con escusas fúteis a súa absoluta inacción.

 

El Defensor del Pueblo investiga de oficio la contaminación en la ...                     Defensor del Pueblo

 

No seu escrito, EsCULcA sinalaba expresamente non ignorar “que os Tribunais han se manifestar en concreto sobre cada unha destas recusas do Dereito de reunión”.  Non era portanto unha intervención nese ámbito, que non entra nas súas atribucións, a que se pedía, senón outra moi diferente e que si entra de cheo nas súas competencias: que procedese “a ditar recomendación -tamén urxente- ás administracións competentes para garantir a salvagarda do núcleo esencial do dereito de reunión e manifestación, así como do dereito de liberdade sindical e que estes dereitos poidan ser exercidos sen pór en risco a saúde pública (como acontecía nos supostos de que ten coñecemento o observatorio).”

Mais, sorprendentemente (?), o Defensor contesta a EsCULcA -18 días despois da data prevista para a marcha prohibida- cunha desculpa que nada ten a ver coa letra e o sentido do noso escrito:  “Tendo en conta que, en conformidade coa súa lei orgánica reguladora, o Defensor del Pueblo non pode pronunciarse sobre o contido de resolucións xudiciais, comunícase a finalizacións das actuacións iniciadas no seu momento e o arquivamento do seu expediente”. Unha xustificación frívola que distorce o sentido do escrito de EsCULcA e deixa sen resposta a súa demanda, cursada por vía de urxencia.

Resposta Defensor del Pueblo

Noticia anterior e Queixa de EsCULcA