Defensor del Pueblo rectifica e asume tratamento cruel a preso en cárceres galegos

No pasado mes de decembro, cun desenvolvemento motivado e prolixo incomún nos escritos deste organismo, o Defensor del Pueblo recoñecía a EsCULcA que o tratamento cruel que F.J.S.R. recibía no penal de Teixeiro, onde estivo interno até ser levado ao cárcere da Lama, carecía de amparo legal e regulamentar na normativa prisional. Mais pouco dura a alegría na casa do pobre. Un mes máis tarde, retomando o habitual estilo burocrático, o DP dá por fechado o asunto.