Esperan a chegada dunha delegación dos pobos indíxenas de Chiapas a bordo do buque ‘La Montaña’, que partiu no mes de maio desde as

.

.
xzapatistas baiona foto enlace zapatista

 

 

Representantes zapatistas de toda Galicia e de distintas partes de España e de Europa reuníronse este domingo no Porto de Vigo nunha xornada de convivencia internacional, á espera da chegada nas próximas horas dunha delegación dos pobos indíxenas de Chiapas a bordo do buque ‘La Montaña’, que partiu xa no mes de maio desde as costas mexicanas.

A chegada desta embarcación estaba prevista para algún momento deste domingo, aínda sen precisar porque dependerá das condicións do vento. A bordo estará o denominado ‘Escuadrón 421’, sete activistas que emprenderon unha viaxe “en sentido inverso” 500 anos despois das travesías realizadas polos ‘descubridores’ do continente americano.

En calquera caso, en Vigo están xa delegacións zapatistas chegadas doutras comunidades e de países como Portugal, Suíza, Alemaña, Suecia, Italia, Grecia, Marrocos, Brasil, Colombia, República Checa e Irán para dar inicio a unha xornada de “convivencia e solidariedade internacional”.

A asemblea galega de Xira pola Vida, que xa o venres protagonizaron unha concentración na Praza do Rei de Vigo, recalcan a importancia desta iniciativa na que ven “un agasallo”: “Fíxonos soñar e deunos impulso para seguir fortalecendo a loita, a unidade, para berrar que temos que construír un mundo diferente”.

“Esperamos que a chegada dos compañeiros zapatistas funcione como unha inxección de enerxía que nos permita fortalecernos, avanzar nas loitas sociais e na construción doutro mundo, un mundo solidario onde caiban moitos mundos“, inciden nun comunicado.

Segundo adiantaron xa o venres, o ‘Escuadrón 421’ será recibido á súa chegada á cidade con música de gaitas e cunha ‘batukada’, e haberá un espazo para que poidan dirixirse á xente e explicar a súa experiencia.

 

O navío fondeou na baía de Baiona, Galiza, Estado Español, Europa.  De aí queda perto, “a tiro de pedra”, a xeografía chamada Portugal, e un pouco ao norte avístase Vigo.   Todas ben de saúde.  Por cuestións de papeleo e etcétera,’LaA Montaña’ e o Escuadrón 421 permanecerán aquí até,  tentativamente, o día terza feira 22 ás 17 horas –data e hora de Vigo-, en que se fará o desembarco.  A Garda Civil do Estado Español abordou a nave, tomou os datos da tripulación e pasaxeiros, revisou os pasaportes e realizou o recoñecemento de rutina.  Sen novidade.  Condicións climatolóxicas: nubrado, choivas lixeiras pero frecuentes, 15 graos centígrados”.

Esta é entrada do domingo pola tarde en ‘Enlace zapatista’, o caderno de bitácora da delegación zapatista que viaxa desde principios de maio a bordo do veleiro rebelde ‘La Montaña’, anunciaba que os zapatistas xa están na Galiza. “Fóra vai frío, mais dentro, na xeografía do corazón, algo como un sentimento  entibia a alma”, anotaban nse caderno para agradecer a recibida que se lles estaban brindando desde terra, onde ducias de solidarios saudaban a chegada da nave.

E.P. – Xornal de Vigo