As organizacións, impulsadas pola Plataforma Defender a Quien Defende, esixen que sexan investigadas, polo menos, catro situacións de violencia institucional.

 

Resultado de imagen de abusos policiales coronavirus estado de alarma

 

Por medio dunha carta enviada ao Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, e ao Defensor del Pueblo, Francisco Fernández, organizacións de dereitos humanos como Novact, Irídia, Legal Sol, Institut de Drets Humans de Catalunya, Calala, Ecoloxistas en Acción e a Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, agrupadas na plataforma Defender a Quien Defende, xunto con outras organizacións de dereitos humanos como a Asociación Libre de Abogadas e Abogados, a Cooperativa Red Jurídica, a Associació Catalá per á Defensa dels Drets Humans, o Grupo Motor de No Somos Delito e o Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans da UB, denunciaron que axentes do Corpo Nacional de Policía, en polo menos catro ocasiones, incorreron supostamente en uso da forza non autorizado polos regulamentos de actuación contra cidadáns no cadro da súa actuación durante o Estado de Alarma, decretado polo Goberno para a xestión da pandemia do COVID-19. Ante esta situación, esixen que sexan accionados os canais internps de investigación e depuración de responsabilidades, e que se garanta que o actuar dos corpos e forzas de seguranza se rixa polo principio de legalidade e respecto aos dereitos fundamentais. Así mesmo, consideran que nos casos que houber indicios de delito cometidos polos axentes, o Ministerio active de maneira urxente todos os mecanismos de investigación e informe as autoridades xudiciais.

No catro casos, documentados através das gravacións de cidadáns e cidadás que denunciaron os feitos nas redes sociais, pode observarse como, en diferentes puntos do Estado, axentes do Corpo Nacional de Policía propinan labazadas, agriden con armas regulamentares ou reducen de forma violenta e con insultos persoas que transitan pola vía pública. Todas estas actuacións, apesar do Estado de Alarma, son contrarias aos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade que deben rexer calquera acción policial.

Aínda que estamos ante unha situación excepcional que legalmente prevé a limitación da liberdade de circulación das persoas, segundo o disposto no Real Decreto 463/2020, o Ministerio de Interior e a Dirección Xeral do Corpo de Policía Nacional teñen a obrigación legal de protexer os dereitos da cidadanía nas intervencións dos seus axentes e garantir que o cadro democrático de dereitos fundamentais sexa o que rexa todo accionar institucional.

Nesa mesma liña, manifestáronse recentemente especialistas de Nacións Unidas, xunto coa Alta Comisionada para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, en dous comunicados diferentes en que instan os Estados a xestionar a pandemia do COVID-19 sob un enfoque de dereitos humanos, á vez que lembran que as declaracións de estados de emerxencia están rexidas polo dereito internacional, de modo que non poden ser usadas  “para a acción represiva sob pretexto de protexer a saúde”.

Defender a quien defende