carregues policials 1-O

 

 

Unhas sesenta persoas, procedentes de lugares diversos, xuntaron esforzos co compromiso de defender os dereitos fundamentais das cidadás e os cidadáns da Catalunya e faceren visíbel o contexto de represión que se vive. Teñen intención de dar apoio a calquera persoa que sexa vítima directa ou indirecta de actuacións inxustificadas que vulneran os dereitos civis no estado español. E queren chegar alén das feridas durante a xornada do 1-O.

Hai meses que traballan no proxecto mais será na próxima sexta-feira cando presentarán publicamente a asociación no Ateneu Barcelonès. O acto será ás 18:00 e participarán Elisenda Paluzie, presidenta da ANC, un representante de Òmnium Cultural e Gonzalo Boye, avogado e membro da equipe xurídica da asociación.

A diferenza entre este proxecto e as asociacións de persoas afectadas do 1-O xa existentes é a intención de internacionalizar o conflito. Alén de presentaren denuncias xunto dos tribunais españois, queren procurar respostas en instancias europeas e internacionais.

Nestes momentos xa están preparadas para presentar denuncias na ONU sobre os dereitos fundamentais vulnerados polo estado español desde o Primeiro de Outubro até hoxe. Teñan previsto presentar as denuncias aos relatores de liberdade de expresión, de libre manifestación e de participación política e tamém ao relator contra a tortura e os tratos deningrantes. Tamén farán chegar a denuncia ao Consello de Europa.

Txell Partal