A Plataforma pola Liberdade de Información denuncia que a sentenza, en que se absolve o policía acusado de agresión e se ameaza cun proceso por falso testemuño os xornalistas, viola o principio de liberdade de prensa.

 

Sale caro informar de verdad… para algunos medios - LoQueSomosNo 7 de abril, Guillermo Martínez, foi agredido pola policía nacional cando cubría o acto de Vox no bairro de Vallecas (Madrid). Imaxe: @juancarlosmohr

 

 

A Plataforma pola Liberdade de Información (PLI) comunicou á comisaria de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Dunja Mijatovic, e á representante da Organización para a Seguranza e a Cooperación en Europa (OSCE) para a liberdade de prensa, Teresa Ribeiro, o caso do catro xornalistas investigados por falso testemuño despois denunciaren unha agresión policial a un deles no marco do mitin que Vox celebrou no pasado mes de abril en Vallecas (Madrid).

No pasado 7 de abril de 2021, o encontro do partido de ultradereita na Plaza Roja de Vallecas, acabou con confrontos entre a policía e os centenares de persoas que acudiron a mostrar o seu rexeitamento á formación de Santiago Abascal. Durante os confrontos, varios xornalistas e fotoxornalistas denunciaron ter sufrido agresións por parte dos axentes da unidade antidisturbios. Un deles foi Guillermo Martínez, que cubría o acto para El Salto.

Segundo consta na denuncia, “un axente pediulle a súa acreditación de prensa e, antes de o xornalista poder sacala da carteira que levaba no peto, o axente agarrouno polo brazo, bateu nel por atrás coa porra no glúteo e deitouno no chan. O xornalista presentou un informe forense que acredita un hematoma compatíbel cun porrazo policial (10 x 2,5 cm)?. O xulgamento contra o policía tivo lugar no 5 de novembro de 2021 e durante o seu transcurso foron mostrados varios vídeos en que se podía ver como o policía encaraba o xornalista e este caía ao chan. Apesar diso, a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Madrid, María Pilar Martínez Gamo, ditou sentenza absolvendo o axente e ameazando tanto Martínez como os outros tres fotoxornalistas que acudiron como testemuñas ao xulgamento dun proceso por falso testemuño, que pode carrexar penas de até dous anos de cárcere.

“A seguranza dos xornalistas que cobren manifestacións está no foco de todos os organismos internacionais de defensa da liberdade de prensa, que esixen aos Estados a garantiren, tanto nas actuacións policiais, como nas leis, como nas resolucións xudiciais”, afirma Virginia Pérez Alonso, presidenta da PDL. “Esta sentenza demostra que en España, máis unha vez, falla todo. Nos últimos tempos vimos numerosos casos de agresións policiais á prensa que fican impunes en tanto son os xornalistas os que resultan multados ou, o que é peor, acusados penalmente”, engade.

El Salto Diario