A frente de defensa nas Nacións Unidas das persoas represaliadas chega ao momento decisivo. O Grupo de Traballo sobre as Detencións Arbitraries, con sede en Xenebra, vai reunirse no mes de agosto e é previsíbel que se pronuncie sobre os recursos presentados por Jordi Cuixart, Jordi Sánchez, Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Josep Rull, Jordi Turull, Raül Romeva e Dolors Bassa contra o seu encarceramento preventivo. Hai meses que todas estas persoas están en prisión incondicional, acusadas de delitos que a xustiza alemá e a belga xa dixeron que non existen nos casos do presidente e os conselleiros exilados. Porque non viron nin rebelión nin sedición, porque non houbo violencia. Este é un dos principais argumentos que o grupo de traballo da ONU terá sobre a mesa este mes.

O prestixioso avogado inglés Ben Emmerson, especializado en dereitos humanos, é o representante legal dos presos politicos e dos exilados perante as Nacións Unidas. É quen activou a vía de defensa dos represaliados e a de denuncia da maquinaria xudicial represiva española nas Nacións Unidas; unha vía que avanza en paralelo á defensa xurídica que está previsto que acabe en última instancia no Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea, con sede en Estrasburgo.

A resolución do Tribunal Superior de Slesvig-Holstein denegando a extradición do presidente Carles Puigdemont por rebelión e sedición, e desmontando o relato sobre a violencia dos acusados que construiu a procuradoría española, primeiro, e o Tribunal Supremo con Pablo Llarena como xuiz instrutor, despois, deu máis forza á causa presentada por Emmerson. ‘Despois da decisión da xustiza alemá é imposíbel, francamente, esperar nada que non diga que o encarceramento preventivo de todos os presos políticos é arbitrario e ilegal’, dixo o avogado nunha entrevista recente en Catalunya Ràdio.

Fontes do contorno dos presos politicos expresas a confianza en que haxa logo un pronunciamento, que podería ser este mesmo verán e, portanto, antes de comezar o xuízo no Tribunal Supremo contra os presos políticos, previsibelmente a finais de ano. Este grupo de traballo acabará facendo público un ditame, que de entrada non será vinculante para o estado, mais que ten moita autoridade e unha lexitimidade moi grande, porque é un organismo de expertos independentes da ONU. O impacto político que pode ter, e máis ainda co comezo do xuízo pouco despois e a resolución recente de Slesvig-Holstein, pode ser moi grande. E pode meter presión á procuradoría española á hora de facer o seu relatorio para o xuízo, en que terá de calificar os feitos (se os considera constitutivos de rebelión e sedición) e formular a petición de penas.

E un ditame como este non era vinculante dacordo coa práctica xurídica até agora. Mais hai apenas unha semana houbo unha novidade que pode facer que isto mude: unha sentenza do Tribunal Supremo ditaminou que o estado español tiña obrigación de cumprir as recomendacións das Nacións Unidas, e obrigou a indemnizar con seiscentos mil euros a nai dunha nena de sete anos asasinada polo pai no decurso dunha visita non vixiada. O pai fora condenado por maltrato, mais continuaba facendo estas visitas á filla apesar das decenas de demandas e recursos non atendidos da nai para o impedir. O Comité das Nacións Unidas para a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller ditaminou que España violara dereitos fundamentais deta nai e da súa filla, mais o estado español non fixo caso. E agora o Supremo condenou o estado a pagar a indemnización.

Este caso crea xurisprudencia e se converte nun precedente importante a ter en conta caso España se negar a aceptar recomendacións da ONU. Un dos últimos casos en que pasou foi cando o xuiz Pablo Llarena se negou a facer caso do ditame do Comité de Dereitos Humanos da ONU, que pedía fosen garantidos os dereitos políticos de Jordi Sánchez e pudese someterse á sesión de investidura como candidato á presidencia da Generalitat. Llarena menosprezou o ditame.

O caso Sánchez e Puigdemont

O caso de Jordi Sánchez e o de Carles Puigdemont no Comité de Dereitos Humanos da ONU forman parte doutra vía, diferenciada da vía de denuncia dos presos políticos pola situación de preisión preventiva e sobre a cal haberá tamén un pronunicamento en breve. Tanto Sánchez como Puigdemont presentaron denuncias contra o estado español por ter vulnerado os seus dereitos políticos a someterse, como deputados electos, á investidua no Parlamento da Catalunya. As dúas denuncias foron admitidas a trámite, e no caso de Sánchez coa peticón acrecentada de medida cautelares para que puidese ser investido. A resolución sobre o fondo da cuestión ainda pode ter máis forza nos vindeiros meses.

Estas denuncias na ONU, tanto las de Puigdemont e Sánchez por vulneración de dereitos como a dos presos por detención arbitraria, son par casos específicos sobre os cales non poderán presentar despois ningún recurso ao Tribunal de Estrasburgo. Non poderánfacelo sobre a mesma demanda específica, mais si que poderán recorrer en contra así que houber, eventualmente, unha sentenza condenatoria. Nesa altura, unha vez esgotada a vís inerna no estado español, sí que poderán recorrer contra a sentenza en Estrsburgo, e o feito de dispor de ditames da ONU condenando o estado por vulneracións de dereitos dará ainda máis forza ao recurso.

O Grupo de Traballo sobre as Detencións Arbitrarias está integrado actualmente polo coreano Seong-Phil Hong como presidente relator, a australiana Leigh Toomey como vice-presidenta relatora; a letona Elina Steinerte; o mexicano José Guevara e o beninés Sètondji Adjovi.

Josep Casulleras Nualart

Fone: VilaWeb