free junqueras parlament europeu diana riba alde - roberto lazaro                                       Foto: Roberto Lázaro

 

O Tribunal Supremo enviou na pasada terza-feira unha nota de prensa en que avisaba os funcionarios dos cárceres cataláns que se autorizaban os presos políticos a pasaren a cuarentena en casa poderían estar incorrendo nun delito de prevaricación.

O aviso do Supremo chegou despois de as prisións teren comezado a analisar se os internos clasificados no 100.2 poderían pasar o confinamento na súa casa. Os requisitos para acceder a esa clasificación son ter baixo risco de reincidencia e dispor dunha morada. Os principais beneficiados da medida son os presos que están en terceiro grao, deles o 69% xa está en confinamento na súa propia casa, mais tamen poderían acollerse á medida aqueles a que se aplica o 100.2, clasificación en que se encontran as presas e presos independentistas.

O Govern mostrou a súa sorpresa pola reacción dod Tribunal Supremo e lamentou que se queira que os presos independentistas sexan tratados de forma diferente á do resto dos presos, a quen si se podería aplicar a medida.

Diana Riba, eurodeputada de ERC, enviou unha carta ao comisario de Xustiza da CE, Didier Reynderes, e outra á alta comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, en que pede que se investigue o Tribunal Supremo por “ameazar funcionarios, esnaquizar a separación de poderes e discriminar presos por motivos políticos”.

Tamén os eurodeputados de JxCat, encabezados por Carles Puigdemont, dirixíronse á Comisión Europea polo mesmo motivo. No seu caso, fixérono através dunha pregunta parlamentar para saber se se constata “discriminación ideolóxica”, vulneración dos “dereitos fundamentais” e se está ameazada a “presunción de inocencia”.

 

Clara Ponsatí@ClaraPonsati

View image on Twitter
Carlota Camps

El Nacional