.
.
Presidente de la República - Presidencia de la República de El Salvador

 

 

 

O Goberno lideerado polo presidente Nayiv Bukele afirma que en 231 dias non foron rexistrados homicidios.

Medios locais de El Salvador revelaron na pasada quinta-feira que se produciran 200 homicidios no marco do réxime de excepción implantado polo Goberno desde o pasado 27 de marzo coa xustificación de loitar contra “os terroristas”.

 

 

Image

 

 

Este número, rexistrado entre os meses de abril e outubro do presenta ano, contradi o que afirma o Goberno dirixido polo presidente Nayib Bukele, que asegura non se teren producido homicidios en 231 días. O mandatario afirmó: “0 homicidios. Os organismos internacionais que están en contra destes resultados é porque están a favor das violacións dos dereitos humanos do 99 por cento da poboación”.

As desclaracións gobernamentais corresponden á creación dun sub-rexistro de vítimas en que non son rexistradas as mortes producidas en incidentes con violencia.

Do mesmo xeito, o Instituto de Medicina Legal tamén on recompila os prisioneiros asasinados nos establecementos prisionais, que foron catalogados como inofrmación “inexistente”.

Por súa vez, o Ministerio de Xustiza sinalou esta semana que se produciran máis de 57.000 detencións no período comprendidoentre o mes de marzo e o 8 de novembro.

Diversas organizacións internacionais realizaron máis de 6.000 denuncias despois de o goberno anunciar as súas medidas, declaradas como inconstitucionais pola oposición do país-


 

Kaos en la Red