O CIE de Zona Franca volta a estar na mira polas sospeitas de abusos policiais entre as súas paredes. Eldiario.es avanzou que un mozo de 27 anos cunha crise de ansiedade, que o levou a tentar ferirse a si mesmo foi isolado tres horas, amarrado de mans e pés e puxéronlle un casco. En todo este tempo non recibiu ningún tipo de atención médica.

 

cie barcelona

 

Todo foi recollido nunha gravación onde se pode observar como sete axentes cun escudo entran na cela para reducir e alxemar o mozo cun ataque de ansiedade. Días antes o xoven, que xa foi deportado en Alxeria, pasara polo servizo médico do CIE por sufrir outra “crise de ansiedade por estar isolado”. Apesar das advertencias médicas ignoradas polo corpo de seguranza e o rexistro da súa actuación, o xuíz recusou investigar a actuación e atribuíu as feridas do interno á crise psicolóxica.

Desde que o CIE reabriu as súas portas en outubro do ano pasado esta non é nin a única denuncia por abuso policial, nin o único ataque de ansiedade que se produciu neste escasos sete meses. Tanto é así que o servizo médico do CIE desaconsellou que os migrados fosen isolados nas celas de video-vixilancia, que son máis pequenas.

 

 

Contra o arquivamento da causa

O Centro para a Defensa dos Dereitos Humanos Irídia considerou que se trata dun “caso grave de racismo institucional”. A entidade asegurou que o trato que recibiu o mozo é “cruel, inhumano e degradante”.

Apesar da renuncia do xuíz a perseguir os feitos Irídia xa anunciou que presentaron un recurso ao arquivamento do caso. O colectivo tamén denunciou os empecillos con que topan cando os seus membros tratan de visitar o centro.

Sen visitas

O Servizo Xesuíta en Migrantes denunciou que o CIE da Zona Franca é o único ao Estado que non recuperou as visitas despois da pandemia. A entidade presentou o 7 de xuño o relatorio Razón xurídica e despropósito político, onde se recolle que o centro barcelonés tivo 445 persoas internadas no 2020, o 20,01% do total do Estado. Tamén lidera o número de persoas illadas, 72 das 84 de toda España, a maioría por motivos sanitarios.

El Nacional