Dous membros do Sindicato Popular de Vendedores Ambulantes de Barcelona que traballan na produción de material sanitario foron identificados por axentes da Guardia Urbana de Barcelona que os parou para preguntarlles aonde ían. Apesar de explicar e mostrar os documentos que acreditan o seu labor, os axentes, ao comprobaren que non tiñan documento de identidade de estranxeiro (NIE) anunciáronlles que non poden voltar ao traballo.

 

 

O Sindicato denuncia a actitude racista dos axentes da Guardia Urbana de Barcelona que pararon os dous migrantes na rúa e aos que os estes mostraron o certificado que acredita que están realizando traballo como costureiros na produción de material sanitario, tanto o documento obrigatorio como o certificado de autorresponsabilidade, que é opcional. Os axentes, con desprezo, afirman fontes do sindicato, pedíronlles identificación persoal. Ao comprobaren que non tiñan NIE (documento de identidade de estranxeiro) dixéronlles que non poden voltar ao traballo.

Onte foron entregadas as primeiras batas médicas fabricadas no obradoiro en que traballan os dous migrantes, destinadas ao Hospital de Granollers e recollidas pola propia directora de hospital.

 

La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas, tabla e interior

Tamén afirma o Sindicato que continuarán co seu trabalho. “Somos costureiros e, con ou sen papeis, queremos axudar a frear a expansión do COVID-19”, afirman. .

Sindicato Popular De Vendedores Ambulantes de Barcelona