A avogada Sophia Albert Salmeron denunciou na pasada terza-feira ante a Corte Penal Internacional o presidente de Francia e o seu ministro de Interior por supostos crimes de lesa humanidade contra os “coletes amarelos” en manifestacións.

 

Fuego en los disturbios durante la concentración de los chalecos amarillos de este sábado en París. / EFE

 

A avogada Sophia Albert Salmeron denunciou na pasada terza-feira o presidente de Francia, Emmanuel Macron, e o seu ministro de Interior, Christophe Castaner, ante a Corte Penal Internacional por supostos crimes de lesa humanidade cometidos pola Policía contra os “coletes amarelos” en manifestacións.

“As forzas da orde cometeron crimes de persecución contra o movemento dos coletes amarelos porque o Goberno deu orde”, dixo Salmeron logo após entregar a denuncia na Haia. O escrito, de máis de cen páxinas, recolle os testemuños de persoas feridas nas marchas de París, entre outras cidades, e pede á Procuradoría da Corte Penal Internacional (CPI) que abra un exame preliminar contra Francia.

Entre os casos recollidos están o dunha anciá que morreu despois de recibir un impacto por unha granada lacrimoxénea

Entre os casos recollidoss están o de Zineb Redouane, unha anciá que morreu o pasado decembro despois de recibir un impacto na cara producido por unha granada lacrimoxénea, e o doutro home que perdeu a man despois de recoller do chan un artefacto similar que aínda non estalara.

Segundo Salmeron, un mil persoas sufriron feridas nas manifestacións, algunhas por culpa de armas utilizadas por antidisturbios franceses que, segundo dixo, están “prohibidas” pola Unión Europea. “Estamos a ver como cada fin de semana homes, mulleres, crianzas e mesmo persoas discapacitadas son golpeadas pola Policía”, indicou.

“Hai xente que é perseguida, espancada e mutilada. É inaceptábel”, engadiu a letrada, para quen a maioría das persoas detidas nos protestos “foron encarceradas sen motivo”.

Para a avogada, os máximos responsabeis da violencia son o presidente Macron e o ministro Castaner, mais tamén habería responsabilidades entre os mandos policiais porque “obedecen ordes que son claramente ilegais”. A xurista, que foi acompañada por un pequeno grupo de “coletes amarelos” holandeses, animou os membros deste movemento noutros países a denunciar a suposta represión dos Gobernos ante a CPI.

Público