Na mañá do 13 de maio, axentes da Brigada de Información apoiados por un dispositivo anti-disturbios da UIP terían levado a cabo dúas batidas en Madrid, unha no espazo anarquista Emboscada e outra nunha vivenda okupada do distrito de Tetuán. Na operación policial, que ten moitas semellanzas con outras levadas a cabo contra este mesmo colectivo e afinal resultaron carecer de fundamento,  terían sido detidas dúas persoas.

Manifestación en 2014 contra las detenciones de la Operación Pandora.

Pandora – Piñata – Ice

As operacións contra o anarquismo -Pandora (que tivo duas fases), Piñata e Ice- correron a cargo dos Mossos d’Esquadra (a primeira) e a Policía Nacional (as outras dúas). No decurso das tres operacións houbo decenas de persoas detidas, moitas delas pasaron varios meses en prisión preventiva, e unhas investigacións que se prolongaron durante anos. Finalmente, a Audiencia Nacional arquivou Pandora e Piñata por falta de probas. A Operación Ice chegou a xulgamento, mais xa moi vacía de contido, e acabou coa absolvición de todas as persoas imputadas, que pasaron de estar acusadas de pose de explosivos e de pertenza a organización terrorista a seren xulgadas por uns chíos no Twitter.

La Rebelión de las Palabras