A Associació d’Advocats Voluntaris 1-O de Reus denunciou na Procuradoría o fin de semana gratuito en hoteis de Murcia que desfrutaron un mínimo de 200 axentes da policía española e a Garda Civil que foran transferidos á Catalunya con motivo do 1-O. A denuncia, interposta por un suposto delito de suborno impropio, sinala os funcionarios, a asociación hoteleira Hostetur e tamén o delegado do goberno español,Francisco Bernabé, que expresou publicamente a súa sastisfacción pola iniciativa.

 

Els ciutadans defensen les urnes i intenten aturar les agressions de la policia espanyola l'1-O                                       Defendendo as urnas e tentando parar as agresións da policía española no 1-O – JORDI BORRÀS

 

Segundo o texto que o colectivo divulgou nas redes, un total de 210 axentes transferidos á Cataluña no dispositivo previsto para o 1-O, xuntamente con algúns dos seus familiares, desfrutaron duns días de férias, do 13 ao 15 de abril, convidados por diversos establecementos hoteleiros de Murcia. A denuncia subliña que a estadía tiña “todos os gastos pagados, gastos que poderían incluir servizos diversos de aloxamento con excursións, visitas e unha cea de gala”.

A denuncia por suborno baséase nos artigos 422 e 424.1 do Código Penal e afecta tanto “quen recibe un presente por facer o seu traballo como, caso se acreditar a autoría, o particular ou empresa que o dá”, segundo sinalou á ACN o presidente do colectivo de avogados reusenco, Salvador Mestre.

O primeiro artigo do Código Penal prevé penas de prisión de seis meses a un ano e a suspensión de traballo e cargo público durante un período de un a tres anos para calquera autoridade ou funcionario público que, beneficio propio ou dun terceiro, admita un presente que se lle ofrece en consideración ao seu cargo ou función. O segundo artigo prevé que os particulares podan ser condenados ás mesmas penas de prisión e multa que a autoridade ou funcionario “corrompido” por ofrecer ou dar un presente ou retribución en consideración ao seu cargo ou función.
A Associació Advocats Voluntaris 1-O presentou a denuncia na adscrición de Reus da procuradoría de Tarragona. Agora, este órgao terá de decidir os pasos a dar e se o caso é arquivado ou derivado á procuradoría de Murcia.

ACN

Fonte: El Mon