A empresa Airbus vendeu avións de combate e de loxística militar á Arabia Saudita e os Emirados Árabes.

 

Tres ONG denuncian la posible implicación de España en crímenes de guerra en el Yemen                  Foto: Flickr / Felton Davis

 

Un relatorio de Amnistía Internacional, do Centre Delàs d’Estudis per la Pau e do Centro Europeo polos Dereitos Constitucionais e Humanos alerta que as “transferencias de armas” da empresa española Airbus á Arabia Saudita e os Emirados Árabes “poden contribuír á comisión de crimes de guerra no Iemen”. O estudo pon de manifesto o “papel chave” da empresa e do Goberno” na fabricación, exportación e conservación do avión de combate Eurofighter Typhoon, utilizado nos ataques aéreos no Iemen desde marzo do 2015. Tamén denuncia a responsabilidade de Airbus na fabricación do avión cisterna de reabastecimento aéreo A330 Multe Role Tanker Transport (MRTT), que tamén actuou nesta campaña militar no Oriente Medio.

Os componentes dos Eurofighter Typhoons utilizados na guerra do Iemen son fabricados no Reino de España, na Alemaña, Italia e o Reino Unido, segundo indican as ONG. As entidades reiteraron o apelo á Procuradoría da Corte Penal Internacional para que investigue o papel exercido por persoas que ocupan postos directivos en empresas de armamento europeas, así como altos cargos gobernamentais “que conceden as licenzas de exportación de armas” nos supostos crimes de guerra no Iemen através do abastecemento continuo de material militar.

O informe pon de manifesto que o montante das exportacións españolas de armas á Arabia Saudita e os Emirados Árabes desde o 2015 até xuño do 2021 ultrapasou os 1.600 millóns de euros. Durante o mesmo período, o Reino de España autorizou 116 licenzas de exportación de armas á Arabia Saudita e 140 aos Emirados Árabes Unidos. Entre o 2015 e en xuño do 2021, as autoridades españolas autorizaron licenzas de exportación de partes e componentes do Eurofighter fabricado por Airbus por valor de 802.443,776 euros. Tanto a Arabia Saudita como os Emirados Árabes recibiron varios A330 MRTT e a Arabia Saudita recibiu seis A330 MRTT de Airbus España.

Segundo o estudo, as autoridades gobernamentais españolas autorizaron a exportación á Arabia Saudita do último destes avións, valorado en 400 millóns de euros, en xullo do 2015, cando o conflito no Iemen xa estaba moi avanzado. Os Emirados Árabes Unidos tamén recibiron diversos destes avións. As tres ONG sinalan que “diferentes fontes confirmaron” o uso dos avións cisterna A330 MRTT para o reabastecemento aéreo dos Eurofighter Typhoon e doutros avións de combate no Iemen nos ataques aéreos levados a cabo pola coalición encabezada polos sauditas e os emiratís no Iemen. Tamén afirman que o Reino de España fixo importantes traballos de mantemento dos A330 MRTT no seu territorio, coa colaboración da compañía aérea española Iberia. Finalmente, as tres entidades lembran que os cálculos sobre vítimas que fan a ONU e outros organismos indican que case 20.000 persoas morreron ou resultado feridas nos máis de 25.000 ataques aéreos da coalición da Arabia Saudita e os Emirados Árabes Unidos contra o Iemen desde o 2015, así como que 2,5 millóns de persoas foron deslocadas internamente.

El Nacional