A defensa do presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, impugna vídeos que a procuradoria aporta como proba porque as imaxes están manipuladas.

En concreto, trátase dun vídeo intitulado “Protesta ante la consellería de Economía 20 de septiembre”. Segundo a descripción que hai no vídeo, as imaxes correspondem aos protestos diante da sede de Economía, mais no medio, no segundo 5, aparece inserido o momento en que a policia española marcha de diante da sede da CUP na rúa de Casp ao tempo que dispara salvas.

A manipulaciom tería o obxectivo de reforzar o relato da falsa violencia nos protestos do 20-S.

 

A defensa de Jordi Cuixart, Marina Roig, impugnou portanto esas imaxes como proba e pediu que non sexan tidas en conta. O tribunal presidido por Manuel Marchena ten a última palabra.

Tamén o pede Andreu Van den Eynde, avogado de Oriol Junqueras e Raül Romeva qie di que foron “editadas imaxes dos feitos” e a Procuradoría “non ten dereito a manipular as probas”.

Gemma Liñán

El Nacional